Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 29 de xuño de 2012

Vídeo: Lobo Feroz

Como agasallo de fin de curso, aquí vos deixamos o vídeo realizado polos alumnos e alumnas de Educación Infantil sobre o conto "Lobo Feroz".

martes, 26 de xuño de 2012

FESTIVAL FIN DE CURSO 2011/12

Coas imaxes do noso Festival Fin de Curso, despedímonos de todas as familias que forman parte da nosa comunidade educativa, desexándolles a todos  unhas felices vacacións. Ata setembro!!!

martes, 19 de xuño de 2012

CRISTINA GARRIDO, PREMIADA!!!
Hoxe, martes 19 de xuño a nosa alumna de 5º de Primaria, Cristina Garrido Cabello recibiu no Pazo da Cultura un dos premios que concedeu o Concello de Pontevedra, dentro do concurso de cartas sobre Educación Vial e que consistiu nunha espléndida bicicleta. Alí estivemos acompañándoa en representación do centro a directora e a titora de 5º, xunto coa súa familia.
Dende Salcedoteca felicitámola unha vez máis e deixamos aquí estas imaxes para o recordo.

luns, 18 de xuño de 2012

Lista de libros de texto para o curso 2012/13

Información importante:

Se queredes consultar a lista de libros de texto do CEIP San Martiño para o curso escolar 2012/13 so tedes que clicar na seguinte ligazón ou descargalo dende aquí.

xoves, 31 de maio de 2012

Xogos populares: a billarda (II)

Continuando coas actividades relacionadas coa recuperación de xogos populares, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria participaron, o pasado mércores 30 de maio, na "Xornada de billarda" organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, xunto con outros catro centros de ensino da cidade (Campolongo, Xeve, Lérez e Campañó).

Se queredes ver a reportaxe fotográfica non tedes máis que visitar o noso bog de Normalización Lingüística: Oñitram

sábado, 5 de maio de 2012

Charla sobre o mel

O venres 4 de maio tivemos unha charla-degustación sobre o mel, as abellas e as colmeas organizada Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

venres, 4 de maio de 2012

O xogo da billarda

Hoxe, venres 4 de maio, visitáronnos dous monitores da Asociación Cultural Ecobateas para presentarnos o tradicional xogo da billarda. Esta actividade encádrase dentro da programación do “Maio, mes da lingua”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

A billarda ou estornela é un xogo popular, recuperado e posto en valor nos últimos anos. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras.

Para xogar necesítase: un pequeno pau (duns 20 cm.) lixeiramente afiado nos extremos chamado billarda, e outro pau de maior tamaño e grosor (ao redor de 50 cm.) chamado palán.

O xogo consiste en golpear co palán nunha das puntas da billarda (que está colocada no chan), de xeito que se fai saltar a billarda, e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que a despide a maior distancia. Gaña o xogador que consigue chegar coa billarda ata o varal (especie de portería) antes que os seus contrincantes.

Na seguinte reportaxe fotográfica podedes ver como os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria pasárono en grande con este xogo tradicional, que volverán a practicar nun encontro que se celebrará a finais deste mes de maio, xunto con rapaces e rapazas doutros centros do concello de Pontevedra.

martes, 1 de maio de 2012

OBRADOIROS DE INTERCULTURALIDADE

A pasada semana celebramos no centro varios obradoiros sobre a interculturalidade: en educación infantil contamos coa colaboración do músico cubano Pedro Campos que presentou aos máis pequenos unha sesión de percusión tradicional e corporal, aprendendo tamén o nome e o son de varios instrumentos musicais propios do seu país.
Por outro lado, os alumnos de educación primaria estiveron traballando con contos e xogos do mundo da man da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que veu ao noso centro a falarnos da cultura e forma de vida no Sáhara.
Deixamos aquí reportaxes gráficas destas actividades.

luns, 30 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA: VENRES, 27
REPORTAXES GRÁFICAS. VENRES, 27 DE ABRIL

xoves, 26 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA: XOVES, 26

REPORTAXES GRÁFICAS: XOVES, 26 DE ABRIL