sábado, 19 de novembro de 2011
MAGOSTO, 2011
O tempo este ano fíxose de rogar e estabamos todos bastante preocupados polo noso Magosto, porque o sol non quixo regalarnos un bo día ata este pasado xoves, no que por fin puidemos celebralo.
As castañas queixáronse tamén do tempo e algunhas incluso houbo que retiralas da festa por estar abaroladas, pero non houbo problema ningún porque o centro mercou o día anterior castañas suficientes para que ao final ata sobrasen.
Coma sempre, organizáronse os xogos tradicionais, nos que os alumnos e alumnas de 6º tiveron a oportunidade de participar como monitores, experiencia moi grata e ao mesmo tempo formativa para eles. Este ano os xogos que se presentaron foron os seguintes: o tiracorda, a carreira de culler con castaña, o arrinca cebolas, os zancos, o xogo do pano, a carreira con laranxas (que ao final foron pelotas de tenis...), o tiro á rá e, por último, a grande novidade deste ano, o carozo no bote, xogo colaborativo e de coordinción que chamou a atención de todos.
Deixamos aquí esta pequena reportaxe para que o poidamos recordar:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario