Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 28 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Entroido 2020

Este venres día 21 de febreiro celebramos o noso entroido temático e todo o alumnado acudiu ao centro vestido de cor verde... ata había algún superheroe e superheroína polo noso cole...
Estaban moi ilusionados e como vén sendo habitual, o alumnado fixo un percorrido por distintos obradoiros, onde aprenderon un pouco máis sobre o proxecto que estamos a traballar: 
" O cambio climático"
e por suposto, desenvolvendo actividades colaborativas onde a imaxinación e a creatividade foron o eixe central do noso traballo.
Se queren ver a reportaxe gráfica deste entroido, poden pinchar enriba da seguinte foto:

https://photos.app.goo.gl/3QadHP7nidMP6vDV9


Para levar a cabo estes obradoiros repartimos ao alumnado en oito equipos, formados por alumnado de todos os niveis e foron rotando, cada vinte minutos, polos distintos obradoiros.

Este ano os obradoiros foron os seguintes:
-"Obradoiro do disfraz": realizaron unha parte do que podería ser o seu disfraz de super...protector!!! do planeta.
-"Construcción dun instrumento": a partir dun rolo de papel hixiénico, un pouco arroz, lentellas, un pouco de cinta e por suposto a súa imaxinación, puideron elaborar unhas sonoras maracas.
-"Obradoiro de maquillaxe": o alumnado que quixo foi pintado e maquillado.
-"Obradoiro da Biblioteca": visualizaron un pequeno powerpoint, no que se lles explicaba a importancia das catro RRRR: Reducir, Reciclar, Reutilizar e Recuperar para ser un bo protector do noso planeta.
-"Obradoiro de Informática":a través de distintos xogos multimedia puideron aprender moito máis sobre a reciclaxe.
-"Xincana": correron e trataron de ser un pouco máis ecolóxicos, iso sí... sen perder o tempo e facendo algo de exercicio, que sempre é necesario estar en boa forma.
-"Obradoiro de Plástica":fixeron un mural colectivo, que quedou exposto no corredor inferior cos traballos de todo o alumnado do centro
-"Obradoiro de xoguetes": sempre utilizando o papel e a papiroflexia elaboraron distintos elementos para poder xogar no patio.





Ningún comentario: