Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 4 de febreiro de 2020



VISITA AO MUSEO

O venres, 10 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria achegouse  ao  Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra para participar no programa “Coñece o Museo de Pontevedra”. Cada grupo realizou unha actividade didáctica diferente.  As nenas e nenos  de 1º de E.P. participaron na actividade titulada “Que é un museo?” e  2º de E. P. ,  na actividade “Da paleta ao lenzo”.

Os nenos e nenas de 1º de E. P.  aprenderon moitas cousas sobre os museos en xeral e sobre o museo de Pontevedra. Fixeron un pequeno percorrido pola exposición temporal que está agora mesmo no Sexto Edificio do Museo que leva o nome de “Galaicos” e ata puideron levar no seu pescozo un torques coma calquera guerreiro ou home importante dos poboados celtas.


A través da actividade “Da paleta ao lenzo” as nenas e nenos de 2º descubriron os instrumentos que necesitan os pintores e as pintoras para realizar o seu traballo, aprenderon o seu nome e a utilidade de cada un (pincel, paleta, lenzo, cabalete…). Sabela, a guía, mostroulles diferentes técnicas para facer un cadro (salpicando a pintura, con puntiños, pintura con esponxa, con espátula…)
Tamén aprenderon a clasificar os cadros según a temática que presentan (bodegóns, retratos, paisaxes, mariñas).
Ao final da actividade, tiveron que buscar nunha das salas un cadro no que aparecía unha paleta e uns pinceis. E alí estaban, nun broche pequeno que levaba posto unha muller,  nai do pintor do cadro.


O alumnado pasouno xenial e aprendeu un pouco máis sobre a pintura.

Fai click na foto para ver a nosa reportaxe 





Ningún comentario: