As nenas e os nenos de 1º Primaria participaron o mércores, 11 de novembro no Programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe" organizado pola Deputación de Pontevedra. Os principais obxectivos deste plan son: concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos e informar da importancia da compostaxe como mellor alternativa, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.
Para achegar ao alumnado aos conceptos básicos da compostaxe e da
importancia da recollida selectiva do lixo, dun xeito lúdico e ameno, a
monitora empregou o xogo cooperativo: “O XOGO
DA MIÑOCA” (unha adaptación do xogo da oca). Repartidos en catro grupos
tiraban o dado e avanzaban ou retrocedían nas caselas do taboleiro. Para poder
avanzar, nalgunhas ocasións tiñan que responder preguntas ou superar probas
relacionadas coa compostaxe (qué tipo de restos se podían botar no composteiro
e cales non). Divertíronse moito e tamén aprenderon a necesidade de botar os
residuos orgánicos das súas casas no composteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario