Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 5 de novembro de 2020

SAÍDA AO MERCADO-3°

O mércores, 4 de novembro, os nenos e as nenas de 3º fomos ao Mercado de Pontevedra. Divididos en pequenos grupos, con cadansúa monitora, fixemos un percorrido por alí.  
Puidemos ver postos de peixe e falar cos vendedores que, amablemente, nos contaron cousas sobre o peixe e o marisco que vendían. Tamén nós coñeciamos e xa probaramos moitos peixes distintos.
Ademais, había tamén postos de carne. Os vendedores deixáronnos facerlles un montón de preguntas e ensináronnos cousas como a lingua do porco, que nos chamou moito a atención.
Logo fomos ao espazo gastronómico, onde había postos moi variados e unhas mesas para comer alí
mesmo, mirando á ría. Algúns pensamos volver coas nosas familias e comer alí.
A visita foi moi interesante, aprendemos moito e ata nos deu tempo a facer un pequeno concurso para ver quen estivera máis atento. Temos que agradecer ás monitoras o seu traballo e aos vendedores dos postos o amables que foron con nós.

Ningún comentario: