Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 19 de decembro de 2025

xoves, 18 de decembro de 2025

luns, 15 de decembro de 2025

luns, 24 de novembro de 2025

venres, 21 de novembro de 2025

mércores, 5 de novembro de 2025

Buscamos monumentos de Pontevedra

SANTUARIO DE LA VIRGEN DE LA PEREGRINA

Nombre:Santuario De La Virgen De La Peregrina.

Tipo de monumento:Religioso, estilo Barroco.

Artista:Antonio Souto y Bernado José de Mier.

Localización:Centro Histórico De Pontevedra.

Fecha:1778-1794.

Finalidad:Para honrar a la Virgen.

 





                                                                                                                    Feito por  Liv


Entrevista á Profe Alicia (PT)

 

ENTREVISTA PROFE

ALICIA, PROFE DE PT

 

Ola estamos con Alicia, profe de PT

eres nova no colexio este curso. Queremos darche a benvida e conocerte un pouco mellor. Imos facerche unhas preguntas:

 

1. -Que che parece este cole?

 

-Este cole paréceme fantástico e fenomenal.

 

2. -Estiveches en outros coles?

 

-Si, en catro mais.

 

3. -Que é o que mais che gusta deste cole?

 

-Gústame como son os nenos, a súa personalidade e o cariño que dan aos profesores.

 

4. -Que botas en falta deste cole?

 

-O servicio de comedor para os profes.

 

5. -Tiveches outros traballos?

 

-Si, fun dependenta de Zara.

 

Esta entrevista foi creada por:

Silvia, Ángel, Iago Montes e Carlos Márquez. 6ºEP

venres, 24 de outubro de 2025

ENTREVISTAMOS A PROFES NOVAS E NOVOS ESTE CURSO.

 

ENTREVISTA VERÓNICA, 


Profe de 


5º E.P.


Ola!Estamos con Verónica a profe de 5ºEP.

Eres nova no colexio este curso. Queremos darche a 

benvida ao noso cole e coñecerte un pouco mellor.

Podemos facerte unhas preguntas?


1-Que che parece este cole?

É moi acolledor é cómodo.


2-Estiveches en outros coles?

-Levo 12 anos traballando, estiven en 13 ou 14 coles.


3-Que é o que máis che gusta de este?

-Gústame que as actividades son útiles e concretas.


4-Que botas en falta en este cole?

-Boto en falta silencio nas clases.


5-Tiveches outros traballos?

-Si


6-Algo sobre ti que nos queiras contar?

-Estou moi a gusto no cole, adapteime moi facilmente.


Gracias Verónica, esperemos que estés a gusto en este cole!!


Mara e Itsaso, 6º de Primaria.

mércores, 15 de outubro de 2025

SAÍDA DA CLASE DE 6º A RADIO PONTEVEDRA

 

Saída da clase de 6º a Radio Pontevedra.


O dia 14 de outubro o alumnado de de primaria do colexio fomos ás instalacións de Radio Pontevedra na rúa Castelao.


Recibíronnos amablemente, despois leváronos a unha pequena sala con moitas emisoras como: Los 40 Urban, Cadena 100, Cadena Dial, 40 Classic. Gustounos que sonara “Señor de la Noche” ..

Tamén nos explicaron como funcionaban as emisoras e déronnos consellos para facer radio como: non comer antes de falar, evitar tocar o micro, modular a voz, transmitir imaxes a través da palabra,...Tamén participamos nun programa de Radio en directo e entrevistamos ao conselleiro Demetrio Gómez.

Ao final agasalláronnos cunha bolsa que contiña: un boli, un caderno pequeno, unha cinta para o pulso e unha pegatina.

Foi un día especial! Xoel, Carlos Márquez, Saleta. 6º Primaria








 

domingo, 2 de febreiro de 2025

Obradoiro de Regueifas

 REGUEIFAS

 A regueifa é un canto ou cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen o mesmo cantar durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Son de orixe galego- portugués, poden ter parecido co rap pero son máis populares.

O mércores 29 de xaneiro de 2025 viñeron uns regueifeiros ao cole, chamábanse Josiño e Lupe. Viñeron a quinto e sexto de primaria. Na nosa opinión foi unha boa experiencia, foi moi graciosa, Lupe contounos historias do seu bisavó, tamén puxeronnos nomes como Bizarrap, como a algúns nos gusta o rap gozamos moito coa actividade.

Esta foi a nosa regueifa:

Eu chámome Josiño

Meu curmán chámase Ramón

E cando quedo con el

Eu como moito xamón


XORNALISTAS DE 5º EP:  Martina, Jorge P, Jorge C., Valeria, Antía, David, Silvia e Uxía.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o día mundial da Paz

Escóllese ese día por ser o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, ( A india 1869-1948), foi un líder pacifista que promoveu a paz e a non violencia.

                                                       


O símbolo da pomba baséase na historia de Noe, xa que foi este paxaro o que voltou cunha rama de oliveira no pico para indicar que xa había terra.

No colexio de San Martiño temos varias actividades para celebrar o día da Paz.

Temos un concurso de relatos pola Paz no que compite o alumnado en dúas categorías: 3º e 4º  e 5º e 6º de de Educación Primaria. O gañador  da primeira categoría foi Martín de 3º EP, e a gañadora da segunda categoría foi Cintia de 6º EP. Non podemos esquecer o concurso de debuxos, no que tamén hai dúas categorías, en educación infantil o gañador foi Oliver de 5º EI e en 1º e 2º EP o gañador foi Nicolás de primeiro curso.

Outra das nosas actividades é un mural da paz, para realizalo todo o colexio fixemos cunha cartolina un corazón, o pegamos noutra cartolina e cuns restos recortamos as letras "P","A" e "Z", formando a palabra PAZ. que pegamos no interior do corazón de cartulina. Cada unha destas cartulinas serviunos para construir un muro de paz.

A última actividade que fixemos chámase: "Contos pola Paz", consiste en que nas portas das aulas aparecen diferentes contos e tes que apuntarte ao que máis che guste, por exemplo tiñamos os contos: " Pilú, Pilú", " Dos ardillas e unha piña", "A orquesta de Clara", "Abaixo os muros".

A miña experiencia foi moi boa porque todos os contos tiñan un bo final, O conto que máis me gustou foi o da Orquesta de Clara, pero houbo outros moi chulos como " O segredo de Flora", "El gran libro de la amistad" ou " Batalla de Naipes".

Ese foi o libro que escoitei eu, foi o que se contou na aula de 6º EP, o seu autor chámase Juan Ignacio Pérez, as personaxes tiñan uns nomes moi curiosos: o rei Cachobruto segundo, Don Afiado primeiro o Cruel, o Cabaleiro da Alta Plumaxe, Dona Sota de Espadas e Sotina de Bastos. Non vou contar o contos, so vos direi que moito pelexaron Cachobruto segundo e Don Afiado primeiro.

XORNALISTAS DE 5ºEP: Alejo, Iago Montes, Carlos Múñoz, Ángel, Sergio, Atreio,Nuno, Nicolás