Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 2 de marzo de 2020

Día da Muller e da Nena na Ciencia

O alumnado de 5º e 6º de E.P. asistiu á conferencia que tivo lugar o pasado 14 de febreiro no Teatro Principal con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia. Acudimos á conferencia da bióloga portuguesa e doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular:


Carme Fouces na presentación dos actos do Día da Muller e a Nena na Ciencia.


O noso alumnado quixo aprender algo máis do traballo desta importante muller que, coma outras científicas e investigadoras, adican a súa vida á ciencia  e ademáis quixeron poñer en valor o seu labor dentro do mundo da Ciencia.

Joana Magalhaes



Teatro Universario E. Infantil

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

Saída TEATRO "Universario"

O pasado  luns 10 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil asistiu á obra de teatro titulado "Universario"  no Teatro Principal de Pontevedra, obra programada dentro das actividades do Luns do Principal.

Durante a obra de teatro disfrutaron dun espectáculo divertido, alegre e imaxinativo nun pequeno universo de letras vogais que se foron transformando en paisaxes e onde viron como se pode xogar coas palabras, cos obxectos e transformar así a realidade en risas e imaxinación.

Resultado de imagen de Domingos do principal

venres, 28 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Entroido 2020

Este venres día 21 de febreiro celebramos o noso entroido temático e todo o alumnado acudiu ao centro vestido de cor verde... ata había algún superheroe e superheroína polo noso cole...
Estaban moi ilusionados e como vén sendo habitual, o alumnado fixo un percorrido por distintos obradoiros, onde aprenderon un pouco máis sobre o proxecto que estamos a traballar: 
" O cambio climático"
e por suposto, desenvolvendo actividades colaborativas onde a imaxinación e a creatividade foron o eixe central do noso traballo.
Se queren ver a reportaxe gráfica deste entroido, poden pinchar enriba da seguinte foto:

https://photos.app.goo.gl/3QadHP7nidMP6vDV9


Para levar a cabo estes obradoiros repartimos ao alumnado en oito equipos, formados por alumnado de todos os niveis e foron rotando, cada vinte minutos, polos distintos obradoiros.

Este ano os obradoiros foron os seguintes:
-"Obradoiro do disfraz": realizaron unha parte do que podería ser o seu disfraz de super...protector!!! do planeta.
-"Construcción dun instrumento": a partir dun rolo de papel hixiénico, un pouco arroz, lentellas, un pouco de cinta e por suposto a súa imaxinación, puideron elaborar unhas sonoras maracas.
-"Obradoiro de maquillaxe": o alumnado que quixo foi pintado e maquillado.
-"Obradoiro da Biblioteca": visualizaron un pequeno powerpoint, no que se lles explicaba a importancia das catro RRRR: Reducir, Reciclar, Reutilizar e Recuperar para ser un bo protector do noso planeta.
-"Obradoiro de Informática":a través de distintos xogos multimedia puideron aprender moito máis sobre a reciclaxe.
-"Xincana": correron e trataron de ser un pouco máis ecolóxicos, iso sí... sen perder o tempo e facendo algo de exercicio, que sempre é necesario estar en boa forma.
-"Obradoiro de Plástica":fixeron un mural colectivo, que quedou exposto no corredor inferior cos traballos de todo o alumnado do centro
-"Obradoiro de xoguetes": sempre utilizando o papel e a papiroflexia elaboraron distintos elementos para poder xogar no patio.





martes, 4 de febreiro de 2020

RESUME DAS ACTIVIDADES

 REALIZADAS NO MES DE XANEIRO

Contos pola PAZ
O xoves 30 de xaneiro celebramos o día da Paz cunha lectura de Contos pola PAZ nas distintas aulas e o noso alumnado puido disfrutar dos contos seleccionados e dos profes do cole como contacontos. Ademáis puideron escoller entre un abano interesante de ofertas segundo os seus gustos e preferencias:

Aula de 3 anos
La verdad según Arturo
Aula de 4 anos
O paxaro amarelo
Aula de 5 anos
Un can e un gato
Aula de 1º E.P.
La historia de Greta
Aula de 2º E.P.
Wangari y los árboles de la paz
Aula de 3º E.P.
¿Por qué somos de diferentes colores?
Aula de 4º E. P.
El Señor Guerra y la Señora Paz
Aula de 5º E.P.
El pez arcoiris
Aula de 6º E.P.
Un día de treboada
Aula de Música
¡Quiero una medalla!




CIENCIA DIVERTIDA

Durante as dúas últimas semanas do mes de xaneiro o alumnado do noso centro disfrutou duns obradoiros organizados pola empresa Ciencia Divertida, contratada polo centro grazas a unha subvención da Consellería de Educación destinada a promover a Igualdade entre o alumnado.
 Os obradoiros foron os seguintes:
                 *Educación Infantil: "Eu quero ser".
                 *Dende 1º de Educación Primaria ata 4º de Educación Primaria:"Xincana de Igualdade".
                 *Alumnado de 5º de E. P. e 6º de E.P.. "Efecto Invernadoiro".

Alumando de 2º de E.P. preparado para a súa Xincana.
Facede clik nesta foto e veredes o ben que o pasamos

 E o venres rematamos cunha obra de teatro para todo o alumnado, coa que puideron coñecer a moitas das mulleres que destacaron no mundo da Ciencia dende as antigas civilizacións ata os nosos días. 
Clickade na foto e veredes todas as nosas fotos.

Concerto CONFUSIÓN (PÍSCORE)

O luns 20 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria acudiu ao Teatro Principal para disfrutar dun divertido espectáculo, organizado dentro do proxecto dos Luns do Principal e  protagonizado polo grupo Píscore, 
Alí viron como catro músicos descoñecidos, e de estilos moi diferentes, chegan ao palco sen os seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fan que, o que parecía que ía ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atriles e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incríble necesidade de facer músicas
"(con)funsionando" estilos.
Música, teatro, humor, comedia xestual e o clown fixeron rir a todo o público que participou activamente no espectáculo.



Se queredes ver toda a nosa reportaxe fotográfica clickade na foto.




FROITA NA ESCOLA

Durante este curso o noso centro participa no Plan Proxecta da Consellería de Educación coa acción Aliméntate Ben e o programa Froita na Escola. Este programa ten como obxectivo promover unha mellora dos hábitos alimenticios do alumnado. 

Consiste no reparto de froita de tempada ao alumnado de todo o centro no momento da merenda. Todo isto farémolo en dous períodos:
1º período: do 20 de xaneiro ao 31 de xaneiro.
2º período: do 18 de maio ao 29 de maio.
Durante toda esta semana e tamén a vindeira, o noso alumnado degustará no recreo distintas froitas.
Algúns dos nosos alumnos e alumnas se animaron a investigar algo máis sobre as froitas e
elaboraron carteis para animar aos seus compañeiros a probar eses ricos "manxares".


Facede click aquí e veredes toda a nosa reportaxe.


VISITA AO MUSEO

O venres, 10 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria achegouse  ao  Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra para participar no programa “Coñece o Museo de Pontevedra”. Cada grupo realizou unha actividade didáctica diferente.  As nenas e nenos  de 1º de E.P. participaron na actividade titulada “Que é un museo?” e  2º de E. P. ,  na actividade “Da paleta ao lenzo”.

Os nenos e nenas de 1º de E. P.  aprenderon moitas cousas sobre os museos en xeral e sobre o museo de Pontevedra. Fixeron un pequeno percorrido pola exposición temporal que está agora mesmo no Sexto Edificio do Museo que leva o nome de “Galaicos” e ata puideron levar no seu pescozo un torques coma calquera guerreiro ou home importante dos poboados celtas.


A través da actividade “Da paleta ao lenzo” as nenas e nenos de 2º descubriron os instrumentos que necesitan os pintores e as pintoras para realizar o seu traballo, aprenderon o seu nome e a utilidade de cada un (pincel, paleta, lenzo, cabalete…). Sabela, a guía, mostroulles diferentes técnicas para facer un cadro (salpicando a pintura, con puntiños, pintura con esponxa, con espátula…)
Tamén aprenderon a clasificar os cadros según a temática que presentan (bodegóns, retratos, paisaxes, mariñas).
Ao final da actividade, tiveron que buscar nunha das salas un cadro no que aparecía unha paleta e uns pinceis. E alí estaban, nun broche pequeno que levaba posto unha muller,  nai do pintor do cadro.


O alumnado pasouno xenial e aprendeu un pouco máis sobre a pintura.

Fai click na foto para ver a nosa reportaxe 





sábado, 21 de decembro de 2019

BO NADAL

Hoxe foi un día moi especial!!! 

Especial de ver a  todos o nosos cativ@s gozar coa visita de Papá Noel e os seus Elfos,  de ver esa ilusión nas súas cariñas, ese momento de nervos, de inocencia...
Un día de celebración e felicitacións a través de panxoliñas, cantos de reis e incluso unha obra de teatro.

E nós non podiamos ser menos... por iso... todos os que formamos parte da COMUNIDADE EDUCATIVA do CEIP San Martiño queremos desexarvos un BO NADAL e un FELIZ ANO 2020, cheo de novas ilusións e moi bos momentos!

Agradecemos, tamén, a colaboración da ANPA, que sempre está disposta a colaborar con nós, para que este día sexa marabilloso. 

Durante estes días subiremos as fotos e vídeos! Estade atentos!!!


domingo, 8 de decembro de 2019

"A NENA E O GRILO"

O mércores pasado, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria achegáronse  ao Teatro Principal de Pontevedra para gozar da nova obra de Magín Blanco

"A NENA E O GRILO"

Esta nova montaxe conta, a través da amizade, da cooperación, da tolerancia e da superación aos medos, unha historia onde os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertudre a Araña... Buscando a maneira de devolvela á vida, atópanse uns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao País dos Mortos.