Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 10 de novembro de 2020

Ciencia Divertida

Grazas a Ciencia Divertida o alumnado de 6º de Educación Primaria puido realizar, na última hora da mañá, varios experimentos nos que as reaccións químicas foron as protagonistas.




 

Observatorio Astronómico de Forcarei

Dous científicos do OAF, Observatorio astronómico de Forcarei, viñeron ao colexio para ensinar aos nenos/as de 5° de Educación Primaria como crear un Planisferio celeste e a utilizalo para poder observar as distintas constelacións que reinan no noso ceo nas diferentes épocas do ano.

A través de pequenas proxeccións aprenderon moito sobre o tema e despois sobre a orixe da vida na terra.
 

Charla sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

A primeira hora desta mañá estiveron con nós Ana e Mónica para falarnos sobre os ecosistemas e as riquezas ecolóxicas que contén o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Velaquí algunhas imaxes do alumnado de 6º de Educación Primaria durante a charla.

xoves, 5 de novembro de 2020

SAÍDA AO MERCADO-3°

O mércores, 4 de novembro, os nenos e as nenas de 3º fomos ao Mercado de Pontevedra. Divididos en pequenos grupos, con cadansúa monitora, fixemos un percorrido por alí.  
Puidemos ver postos de peixe e falar cos vendedores que, amablemente, nos contaron cousas sobre o peixe e o marisco que vendían. Tamén nós coñeciamos e xa probaramos moitos peixes distintos.
Ademais, había tamén postos de carne. Os vendedores deixáronnos facerlles un montón de preguntas e ensináronnos cousas como a lingua do porco, que nos chamou moito a atención.
Logo fomos ao espazo gastronómico, onde había postos moi variados e unhas mesas para comer alí
mesmo, mirando á ría. Algúns pensamos volver coas nosas familias e comer alí.
A visita foi moi interesante, aprendemos moito e ata nos deu tempo a facer un pequeno concurso para ver quen estivera máis atento. Temos que agradecer ás monitoras o seu traballo e aos vendedores dos postos o amables que foron con nós.

martes, 3 de novembro de 2020

Obradoiro de xoguetoloxía

Esta semana, o alumnado de 6° de Educación Primaria, tivemos a visita de Chus que nos veu impartir un obradoiro titulado Xoguetoloxía. Con ela aprendimos diferentes xogos (populares, tradicionais, musicais, lingüísticos...) que amosan a riqueza e a variedade do patrimonio lúdico galego.

Nós sabemos xogar sen ter nada nos petos nin nas mans.

martes, 28 de abril de 2020

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmartino/aulavirtual2/mod/page/view.php?id=2857
Ola nenos e nenas
Por se non vos lembrabades, estamos de festa! Si, é o meu aniversario. O Día Internacional do Libro, e quero celebralo con tod@s vós.

Como calquera boa festa de aniversario que se preste, ten que haber xogos e divertimento a esgalla, por iso decidimos preparar un fabuloso Recuncho de xogos. Algúns deles están feitos polas profes do colexio e outros témosllos que agradecer a bibliotecas amigas.

Ademais, tendo en conta que esta vai ser a primeira vez que non poidamos celebrar o Día Internacional do Libro no colexio, querería que fixerades para min unha pequena actividade que ma podedes achegar por correo electrónico. Recollerei todos os vosos envíos ata final de mes na dirección:
Biblio.ceip.sanmartinho@gmail.com

Se queredes participar, podedes consultar as miñas propostas, pinchando na imaxe.

xoves, 26 de marzo de 2020

#QUÉDATENACASA

A terrible pandemia do COVID-19 obríganos a este confinamento nas nosas casas: temos que estar na casa por lei e ademais  debemos estar na casa por responsabilidade e por civismo. Pensemos que a única maneira de parar a pandemia é co illamento social.
 
Pero esta circunstancia leva ás familias a sufrir situacións de estrés ao non poder movernos e realizar as tarefas e rutinas diarias, sobre todo cando na casa hai nenos e nenas…

Dende o centro estamos a facer todo o posible para facer chegar ás familias todos aqueles recursos que podemos poñer á súa disposición, para que o noso alumnado poida seguir traballando desde os fogares.

Tamén somos conscientes das dificultades que moitas familias teñen por falta de conexión, imposibilidade de acceder dende as súas ubicacións á rede, esgotamento de datos móviles, etc…

Vivimos una situación de excepción e debemos manter a calma e pensar que o máis importante sempre é salvar  a vida e a dos nosos fillos/as.

Dende esta semana a TVE 2 e o canal CLAN ofrecen una programación educativa relacionada co currículo, APRENDEMOS EN CASA,  que pode resultar un bo recurso para paliar as dificultades destas familias de acceso aos contidos educativos.
Deixamos aquí a programación, por se están interesados en vela nas súas casas: