Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

miércoles, 27 de abril de 2011

PREMIO BANDA DESEÑADA CORRELINGUA 2011

Onte, 26 de abril o alumnado de 6º de Primaria fomos a Santiago para recibir o premio do concurso de BANDA DESEÑADA que cada ano organiza o Correlingua.

Xunto con nós, estaban alumnos do IES Agra de Leborís da Laracha e do IES Fontem Albei da Fonsagrada que foron os gañadores, respectivamente, dos concursos do MANIFESTO e de VIDEO.

Estes concursos, xunto con outras moitas actividades forman parte do CORRELINGUA 2011, que un ano mais chegará a 15 vilas e cidades de Galiza coa intención de reivindicar o dereito da mocidade de medrar en galego.

Aquí tedes algunhas imaxes do evento.

lunes, 25 de abril de 2011

LIM: Infórmome do que ocorre

Como nos comunicamos coas persoas que nos rodean? E coas persoas que están lonxe?

Coñeces os diferentes medios de comunicación e as persoas que traballan neles?

Cal é o medio de comunicación máis rapido? E o máis accesible? Cal mestura imaxes e sons?

Poderás coñecer a resposta a estas e a outras moitas preguntas se te atreves a xogar co LIM que leva por título "Infórmome do que ocorre". Proba a resolver as actividades, os crebacabezas, as sopas de letras, os xogos de memoria... e verás cantas cousas novas aprendes sobre os medios de comunicación.

viernes, 15 de abril de 2011

VENRES 15, ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA E DA COMPAÑÍA TITEREFICCIÓNS.

jueves, 14 de abril de 2011

XOVES 14, ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º E 5º DE PRIMARIA

miércoles, 13 de abril de 2011

MÉRCORES, 13 ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

martes, 12 de abril de 2011

Encontros de Bibliotecas Escolares 2010/11

Veñen de celebrarse os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de Abril. Os que xa levamos uns anos pertencendo a este, cada vez máis numeroso grupo, asistimos só o segundo día, o venres 8.

Inaugurou as xornadas o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Pola mañá houbo moitas e moi interesantes ponencias, como "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar", que estivo a cargo de Teresa Mañá e Mónica Baró; e unha presentación de experiencias en sesións simultáneas baixo o título:"Literatura en imaxes. Cine e banda deseñada".

As sesións da tarde comezaron cunha xuntanza dos centros por zonas para intercambiar experiencias e materiais e, para rematar, un agasallo moi especial, unha charla a cargo de Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego".

Dende Salcedoteca, grazas a todas as persoas que fixeron posible, co seu traballo, estes magníficos Encontros, e especialmente aos integrantes da Asesoría de Bibliotecas Escolares, con Cristina e Pilar á cabeza. Os materiais sobre as distintas exposicións, así como os vídeos das conferencias pódense atopar AQUI , entrando como convidado.
VII SEMANA DA LECTURA

MARTES, 12

ALUMNADO DE 5 ANOS E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


lunes, 11 de abril de 2011

VII SEMANA DA LECTURA


Comeza hoxe a sétima edición da Semana da lectura, adicada ese ano á temática dos inventos, que é o que estamos estudando no 2º Proxecto da Biblioteca. Esta semana caracterízase por concederlle á lectura un lugar privilexiado e protagonsita nas nosas actividades e por conmpartir con toda a comunidade educativa uns momentos de lecer en torno ao acto de ler, que é tan transcendente no noso proxecto educativo.


LUNS, 11


ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


jueves, 7 de abril de 2011

O CEIP SAN MARTIÑO PARTICIPA NA EXPOSICIÓN DE PINTOS NO CAFÉ MODERNO

O pasado mércores 6 de abril, o Concello de Pontevedrainaugurou a exposición sobre Xoán Manoel Pintos, que podedes visitar no Café Moderno en horarios de mañá e tarde ata o día 7 de maio.

Esta exposición consta de dúas partes: a primeira delas, centrada especificamente na figura deste autor galego, cunha infografía de algo máis de 30 metros lineais, que recolle o máis destacado da súa vida, xunto con outras informacións relacionadas; a segunda parte, está formada polo traballo de oito centros educativos do Concello de Pontevedra que, aproveitando unha proposta da Concellaría de Normalización Lingüística, introducimos ao autor pontevedrés no noso currículo escolar. O noso centro ten alí un traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil, que ademais foi tratado amplamente nunha ponencia do Congreso académico sobre Pintos no día da súa inauguración.


Dende aquí deixamos constancia gráfica desta ponencia e invitamos a todas as familias do centro a visitar a exposición do Café Moderno.


Se queredes máis información podedes atopala pinchando nas seguintes palabras: Xoán Manoel .



sábado, 2 de abril de 2011

ESTREAMOS O ROTEIRO DOS BOLECHAS

O CEIP San Martiño estreou en Pontevedra por primeira vez o Roteiro dos Bolechas co alumnado de Educación Infantil.

Coñeceron a vila a través da obra de Pepe Carreiro, "Os Bolechas visitan Pontevedra".

Despois foron agasallos con cadanseu libro asinado polo autor e asistiron a unha obra de teatro.

¡Unha mañá redonda!