mércores, 30 de outubro de 2019
SAMAÍN
Hoxe foi un día de festa!!! Un ano máis celebramos o samaín cunha chea de actividades: decoramos as portas, a nosa biblioteca transformaouse nun lugar de sorpresas de medo, nas aulas pintamos e fixemos debuxos terroríficos...
Ao final da mañá, disfrutamos dunha exposición de cabazas, grazas ao traballo colaborativo de todas as familias do centro e puidemos ver a obra de teatro titulada: "VOUTE COMER", na que aprendemos que aínda hai unha cousa peor có medo: A fame!!!!!!!!
Grazas a todo o profesorado que fixo posible que disfrutasemos de todas estas actividades do samaín!
Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica deste día.
domingo, 20 de outubro de 2019
CONTADOR QUE ME CONTAS
"CONTADOR QUE ME CONTAS"
Na hora de ler, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria representaron aos máis pequenos do cole, Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria un conto cada día, durante tres días consecutivos (mércores, xoves e venres).
Resaltar que os alumnos de 5º de primaria representaron unha obra creada por eles mesmos!
Clica na imaxe para ver os contos que foron escollidos.
Clica na imaxe para ver os contos que foron escollidos.
VISITA ANTÓN SOBRAL E TINO LORES
Continuando coa actividade "Amigos do camiño portugués", o pintor Antón Sobral, acompañado de Tino Lores, presidente da Asociación de Amigos do camiño portugués, viñeron ao centro para charlar cos nenos
e nenas sobre a pintura e a fantasía.
Ao rematar a charla repartiron entre o
alumnado, blocks de debuxo e rotuladores, cos que os nenos/as puideron debuxar
libremente.
A actividade continuará o vindeiro día 30 de outubro cun
paseo polo entorno do río dos Gafos e unha actividade de debuxo libro a carón
do río.
luns, 14 de outubro de 2019
VISITA "OCEANÓGRÁFICA"
Hoxe, con motivo do noso P.D.I "O cambio climático" recibimos a visita da oceanógrafa Marta Gómez Martín.
Contounos cousas tan importantes como que non debemos tirar plásticos ao mar, que a auga das nosas casa vai á depuradora para "limparse" e, que, así non lle faga dano á flora e fauna marítima...
Aos nenos e nenas encantoulles coñecer unha das profesións relacionadas co coidado do noso mar!
venres, 11 de outubro de 2019
CLUB DE CIENCIA
Alumnado de 5º e 6º de primaria potencian as vocación STEM a través do
CLUB DE CIENCIA
É unha actividade complementaria na que ao noso alumnado se lles suxire diferentes experimentos, co fin de que atopen resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses. Ademáis buscamos que sempre se poida aplicar unha metodoloxía de indagación: o método científico.
Lévase a cabo todos os xoves en horario de 16:30 a 17:30.
Para ver todas as fotos desta segunda sesión fai clic aquí.
Deixámosvos unha mostra do ben que o están a facer!
martes, 8 de outubro de 2019
O CAMIÑO PORTUGUÉS
A Asociación de Amigos do Camiño Portugués escolleu o noso colexio para participar nunha actividade promovida e organizada dende a súa asociación para que os nenos coñezan un pouco máis do que xa aprendimos o pasado curso sobre o Camiño de Santiago na nosa cidade.
Dentro desta actividade tivemos a visita que, este xoves, fixo Tino Lores, Presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, para falarlles do Camiño Portugués ao alumnado de 4º e 5º e refrescar así moitas cousas que xa aprenderan o curso pasado. Tamén lles fixo entrega duns folletos explicativos da variante espiritual do camiño portugués e uns marcapáxinas como agasallo.
Posteriormente explicáronlles en que vai a consistir o resto da actividade, que se desenvolverá durante o primeiro trimestre en tres sesións:
- Na primeira sesión virá ao colexio un artista, posiblemente pintor o pintora da nosa cidade, que impartirán un obradoiro sobre a súa arte .
- Na segunda sesión, os nenos e nenas sairán do centro, a un lugar elixido polo artista para facer un debuxo que será exposto no albergue dos peregrinos de Pontevedra.
- Na terceira e derradeira sesión, faremos unha visita guiada a un espazo natural situado no Camiño Portugués.
Todo o material, así como os gastos do desplazamento están incluídos dentro de este proxecto e será proporcionados pola Asociación.
Para ver as fotos facede click na seguinte ligazón:
CHARLA AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)