Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 18 de decembro de 2015

FELICES FESTAS!!!

Coa imaxe deste mural colectivo, confeccionado coa colaboración de todas as familias do centro, queremos desexarlles Felices Festas, cheas de paz e armonía, esperando que o Ano Novo veña cargado de sorte, alegría e moito ánimo para seguir cumprido entre toda a nosa comunidade educativa con ese gran obxectivo que é o de educar aos nosos nenos e nenas!

 

 

 

mércores, 16 de decembro de 2015

O NADAL CHEGA AO CEIP SAN MARTIÑO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria confecciona centros de Nadal

Hoxe, xoves 10 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP San Martiño puido disfrutar dun obradoiro de confección de centros de Nadal, dirixido por Antonia, que colaborou altruistamente no obradoiro, que se celebrou no salón de actos do centro.

O alumnado traballou codo con codo e compartiu os materiais que puideron traer das súas casas: dende acivo ata unha sinxelas campaíñas ou boliñas de enfeite.

Os resultados foron uns preciosos centros de Nadal e por suposto a felicidade e o entretemento do alumnado.

( Texto elaborado por Carlos Matías Pires, na clase de lingua de 6º de primaria)

luns, 16 de novembro de 2015

11 DE NOVEMBRO: SAN MARTIÑO! 
 ASÍ O CELEBRAMOS...



mércores, 4 de novembro de 2015

Volveu, o día do medo, o Samaín

 Este ano celebramos dúas festas xuntas: O día das Bibliotecas que se festexa o 24 de outubro e o Samaín que é o día 31 .
 Fixemos, coma outros anos, a actividade que titulamos o Contador que me Contas; que consiste en que as nenas e nenos dos cursos de 4º 5º e 6º van polas clases contando contos da biblioteca aos máis pequenos. Pero este curso aproveitamos que xa era moi pronto o Samaín, por iso, lles contamos contos de medo. Gustáronlle moito a todos. Nós, os que contamos, tamén o pasamos moi ben porque nos vestimos con disfraces dos personaxes dos contos.
 Este Samaín foi moi divertido, trouxemos cabazas mais bonitas que nunca. O Comedor quedou precioso, coas cabazas acesas, e as luces apagadas quedando todo escuro.
 Tamén houbo unha representación dun conto titulado Corre Corre Cabaciña, que non deu medo ningún pero que nos fixo rir . Por este dia son as profesoras e profesores os que fan de actores.

 Inda que é o día das pantasmas. 
 VIVA O SAMAÍN!!!!!! 
Non vin vella nin velliña, 
nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. 
corre corre, cabazón!

luns, 14 de setembro de 2015

AQUÍ CHEGA O CURSO 2015-16!!!
Damos un ano máis a benvida ao novo curso a todo o alumnado e ás súas familias, especialmente aos recén chegados ao noso centro.
Esperamos que este 2015-16 sexa ben levado e que poidamos cumprir co obxectivo máis importante que é o de formar e preparar aos nenos e nenas para seren capaces de ser libres e de sentirense felices nas moitas tarefas que a vida lles garda. Estamos convencidos de que así será, pois a condición máis fundamental de todas xa a cómpren: a de comezar motivados e contentos.
Senón miren esta reportaxe do primeiro día de curso, cedida amablemente polo avó de Carolina Abril de 5º de Primaria, unha das nosas alumnas. Dende aqui dámoslle as grazas por compartir este bonito recordo!!!

 

martes, 7 de xullo de 2015


 FESTIVAL FIN DE CURSO E DESPEDIDA...

Todos tiñamos moitas ganas de que chegara este día. En primeiro lugar, porque é o día que empezan as vacacións, e logo, tamén nos dan as notas. Pero o que mais nos gusta é actuar no Festival  Fin de Curso. Sobre todo despedir o curso bailando, chega o verán e todos temos ganas de festa, fixemos  moitos bailes...

 Puxémonos unha miguiña tristes cando despedimos aos de sexto curso, que se van para o Instituto. Os profesores  entregáronlles  as orlas, e  eles fixeron unha despedida moi bonita.
Viñeron as nosas familias a vernos,  o cal nos gusta moito.
Todos os cursos o fixeron moi ben como veredes nas fotos.


Feliz Verán!!!

xoves, 2 de xullo de 2015

EXCURSIÓN A PADRÓN

EXCURSIÓN A PADRÓN 
   
O día dous de xuño todo o alumnado do Ceip San Martiño, agás os de 4º de Infantil, fixemos a excursión fin de curso a Padrón. Queríamos visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro porque é unha muller escritora moi importante. Gustounos moito a casa e a horta, inda está a figueira que plantou.
A continuación fomos ao Xardín Botánico Artístico, que ten mais de trescentas especies diferentes entre as que  destaca a árbore do amor ou a palmeira do Senegal, tamén está a estatua de Macías ,o Namorado, que foi un trobador nacido en Padrón…
Logo chegou o momento mellor do día, a hora da comida no Santiaguiño do Monte. Alí  cada un comeu o que levaba ou compartiu  a comida cos amigos, xantar de campo cos compañeiros e xogar libremente e sempre o mellor dunha excursión. 
Logo, pola  tarde, visitamos a Fundación Camilo  Xosé Cela, quedamos abraiados do cantidade de libros e cousas que se conservan e que nos deixou como legado este premio Nobel. Pasámolo moi ben porque había  monitores que nos facían xogos para aprender e buscar cousas que hai no museo.
Cando saímos merendamos nos xardíns da Fundación. E houbo unha sorpresa final; os xeados que foi buscar a profe Mercedes para todos. 
Regresamos ao colexio ás 7,30 da tarde . 
Foi unha excursión moi bonita na que o pasamos moi ben e  aprendemos moito. 
Gustounos todo.
            

luns, 1 de xuño de 2015

CHEGAMOS ATA O MESMO ADN!!!!


Dentro das actividades que se realizaron este curso sobre o proxecto de biblioteca : AS MULLERES NA HISTORIA. Programouse o pasado 26 de maio a visita ao noso colexio da científica Inés Quintela, investigadora do grupo de Medicina Xenómica de Santiago de Compostela U.S.C. Dirixido polo catedrático de medicina legal Angel Carracedo.

Inés Quintela faloulle ao noso alumnado, de 2º de Primaria en diante,  sobre o libro da vida, e que, no fondo da nosa natureza, todos somos o noso ADN...

Despois fixeron algúns obradoiros, nos cales construíron cadeas de ADN e como se extrae o ADN dun alimento, neste caso, dos chícharos.

Foi un honor para o centro contar coa presenza desta científica e co seu compañeiro de laboratorio, tamén científico, que despertaron no noso alumando o interrese polo coñecemento e o traballo en equipo.

Grazas a eles e aquí deixamos unha reportaxe gráfica desta experiencia única.

martes, 19 de maio de 2015

 CORRELINGUA: DARLLE Á LINGUA, A ESPECIALIDADE DO CEIP SAN MARTIÑO


O venres, 15 de maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa excursión favorita, despois da de fin de curso.

Os autobuses chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería, todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego! Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran, souberan que aquí falamos galego.
Como xa sabedes, o Correlingua non é un concurso e, polo tanto, ninguén gaña. Pero aínda así, e só por participar, agasalláronnos cuns libros para todo o cole.
Texto colectivo  quinto

 
MIRO MAGARIÑOS ESTIVO AQUÍ...


Co motivo da celebración da Semana das Letras Galegas, este xoves, día 14 de maio contaremos no centro coa compañía teatral de Miro Magariños, actor galego moi coñecido polas súas intervencións en varias series da TVG.
Poñerá en escena para todo o alumnado unha obra que leva por título MERLOS, e que se representará no noso salón de actos.

Esta actividade está organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro e conta ademais coa colaboración da ANPA, quen subenciona o cincuenta por cento do importe da mesma.