Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 20 de junio de 2017

"ATOPÁBAME EU NA ERMIDA DE SAN SIMÓN
E RODEÁRONME AS ONDAS, QUE GRANDES SON..."
Así comezaba a cantiga de Mendiño hai xa varios séculos...

Nós estivemos este fin de curso na Illa do famoso trovador galego e puidemos disfrutar dun día maravilloso en contacto coa natureza, vendo os lugares tan especiais que garda este lugar con tanta  historia.
Ademais tamén houbo a oportunidade de coñecer os vestixios do pasado que no museo de Meirande nos amosaron..
Foi unha excursión única! 
E non vos esquezades que ademais puidemos ir en barco: experiencia vivida por primeira vez por moitos dos nosos alumnos e alumnas....
Aquí deixamos esta reportaxe para o recordo...
Para acceder ás fotos, pinchade aquí: EXCURSIÓN 

martes, 25 de abril de 2017

XIII SEMANA DA LECTURA: OS DEPORTES
Un ano máis estamos a celebrar a Semana da Lectura, dedicada aos Xogos Olímpicos e aos deportes.
Estamos orgullosos de todos os traballos que se presentan, posto que son o resulatdo dun traballo de búsqueda e investigación, análise, resumo...dende un enfoque cooperativista, que dan como resultado as lecturas que estamos a escoitar.
(Pinchade na data para ver as reportaxes.)
5º ED. INFANTIL: "O  Rugby".
2º DE PRIMARIA: " De Olimpia ás Ilimpiadas".

6º ED. INFANTIL: "Somos deportistas".
Exhibibición de acrosport dun grupo de 5º de Primaria ( fóra de programa).



4º DE ED. INFANTIL: "Infantil Olímpico".
4º DE ED. PRIMARIA: "Mulleres pioneiras no deporte mundial".
 XOVES,  27
1º DE ED. PRIMARIA: "Historia dos xogos olímpicos".
5º DE ED. PRIMARIA: "Acrosport e demostración".

3º DE ED PRIMARIA: "As paralimpiadas".
6º DE ED. PRIMARIA: "Deportes de loita". 
VISITÁRONNOS...
Dentro do proxecto de Biblioteca dedicado este ano ao mundo do deporte e ás Olimpiadas, organizamos unha serie de visitas ao centro de deportistas pontevedreses de élite, que viñeron a compartir connosco a súa experiencia personal, así compo a explicarnos diderentes aspectos relacionados co depirte que practican.
Todos eles asinaron no libro de honor do CEIP san Martiño e ademais deixaron unha frase a recordar no mural, que está átrada do centro coas súas imaxes.

 Deixamos aquí reportaxe gráfica do seu paso polo centro para que os poidades ver...
Pinchade no seu nome, debaixo de cada foto.
                                   Alberto Grifón
                                     Rebeca Freire

lunes, 27 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

 Con motivo do día da Muller, tivemos a visita dunha super muller traballadora dende unha idade moi temperá. Trátase de Felicia Tilea, medallista olímpica, procedente de Romania e participante en nada máis e nada menos que en 4 Xogos Olímpicos  e outras moitas competicións por todo o mundo, co lanzamento de xabalina.
Grazas por vir e contarnos a túa experiencia!












lunes, 27 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017
DEDICADO ESTE ANO AOS DEPORTES...
Este ano organizamos un entroido cheo de actividades de tipo lúdico: obradoiros de plástica, música, videoxogos, acrosport...
Todo xirou arredor do mundo do deporte, por iso deseñamos unhas camisetas cos aros olímpicos, que as podedes ver nas fotos que fixemos dese día, coas que fomos todos caracterizados...
Ademais pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre o deporte, a súa importancia na nosa vida diaria e o significado que teñen os Xogos Olímpicos como elemento de unión e de fraternidade entre as diferentes nacións.
Aquí deixamos a reportaxe gráfica. Pinchade no seguitne enlace:

martes, 3 de enero de 2017

E ALÁ QUEDOU O 2016 COAS SÚAS DESPEDIDAS E CELEBRACIÓNS..

Vede a reportaxe que fixemos da visita do Papá Noel e do Concerto de Panxoliñas, pinchando nos seguintes enlaces:

PAPA NOEL, CONCERTO DE PANXOLIÑAS.