Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

jueves, 26 de octubre de 2017

Xa chega o Samaín !

SAMAÍN:

É tempo de medo,
bruxas e morcegos.
É tempo de medo…
chega o Samaín.

É tempo de medo,
bruxas e morcegos
saen a asustar
e rematan por bailar!

Pois si, xa chega o Samaín! Con esta cantiga os nenos e nenas de infantil darán a benvida ó Samaín o próximo martes 31 de outubro. 

E para bailar igual que as bruxas e morcegos desta cantiga, os rapaces e rapazas de Primaria cantarán as seguintes cancións. Aquí vos quedan por se queredes ir aprendéndoas…

A bruxa Maruxa (María Fumaça) (1º e 2º de Primaria)


Ollo de vidro (A Gramola Gominola) (3º e 4º de Primaria)




No Samaín (Brinca Vai!) (5º e 6º de Primaria)




No hay comentarios: