Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 21 de decembro de 2012

FELICES FESTAS!!!
 
O profesorado do CEIP San Martiño desexa a toda a comunicade educativa unas festas de Nadal cheas de paz e armonía, esperando que recibamos o 2013 con ilusión e esperanza.

martes, 18 de decembro de 2012

VISITA DE ANXO MOURE “O APALPADOR"


O xoves, 14 de decembro, recibimos a visita dun personaxe mítico que vive nas Serras do Courel e do Cebreiro, na provincia de Lugo, é o "Apalpador", que polo Nadal baixa a traerlle castañas asadas aos nenos cando están durmidos e  despois apálpalle as barriguiñas para comprobar se comeron ben.
Anxo Moure é un escritor e conta contos. Ademais fai o personaxe de "Apalpador".
Cando entrou na nosa Biblioteca , o primeiro que fixo foi facernos unha proba:
 tiñamos que responder a tres preguntas:
-Sodes de xoguete?- Nooon!!!
-Sodes dos que queiman os bosques ?- Nooon!!!
-Sodes dos que ensucian os ríos e os bosques ?- Nooon.!!!
Entón xa podiamos ser todos Apalpadores cantando esta canción :
Apalpa barrigas son,
apalpo a barriga coa miña man,
e traio castañas asadas
aos nenos e nenas que comen san.
Todos xuntos dixemos que non a moitas chuches e si aos bocadiños e a comida sana.
Despois ensinounos a mirar o mundo a través das árbores.
 E co seu cabaliño de madeira“ Caramulo” nos transportamos ás Serras do Courel.
Alí respiramos o aire puro da natureza e dixemos: gracias carballos, gracias sobreiras, bidueiros, buxos, acivros...
Logo démoslles apertas ás árbores que eramos nós que faciamos o personaxe dunha árbore. E rematamos escoitando a súa música que saía da buxeira, unha frauta feita de buxo e pereira , un invento que estreou  Anxo para nós. O seu son é moi alegre. Gardamos a súa música nas nosas mans, e se a escoitamos cando estamos tristes enseguida nos fai rir.
Para rematar dedicounos o seu libro, O Carballo con Botas, e algúns autógrafos.
Así foi... todo tan divertido...


luns, 10 de decembro de 2012

PARTICIPAMOS NO CULTURGAL


Foi a mellor saída que tivemos porque puidemos engadir un pequeno gran de trigo a esa grande feira da Industria Cultural Galega que se celebrou en Pontevedra.
O alumnado de 5ºe 6º curso, tivemos a sorte de facer un obradoiro de cabezóns co fabuloso artista que é Inacio Vilariño, empezamos a facelos no colexio e logo rematamos de pintalos alí no Culturgal. Unha vez rematados participamos no desfile xunto con outros coles e a banda de música que inauguraba a feira.
Foi moi divertido porque tiñamos que ir bailando ao son da música co cabezón posto na cabeza, Inacio ía diante nosa cun cabezón moi grade. Ata saímos no Telexornal.
Logo fomos a un concerto cos músicos, onde nos deron algunhas chuches e tamén aproveitamos para merendar.
Despois fomos ver todo o que había pola feira que eran moitos postos: de libros, obras de teatro, discos, programas de televisión... Déronnos a todos moitos marcapáxinas, algúns libros e varios discos.
Viñemos moi contentos, oxalá poidamos volver outro ano!

Alumnado de 5º.