martes, 19 de maio de 2015
CORRELINGUA: DARLLE Á LINGUA, A ESPECIALIDADE DO CEIP SAN MARTIÑO
O venres, 15 de
maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os
anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa
excursión favorita, despois da de fin de curso.
Os autobuses
chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería,
todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego!
Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á
praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando
lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que
comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada
merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a
cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba
unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son
galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar
galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar
soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran,
souberan que aquí falamos galego.
Como xa sabedes, o
Correlingua non é un concurso e, polo tanto, ninguén gaña. Pero aínda así, e só
por participar, agasalláronnos cuns libros para todo o cole.
Texto
colectivo quinto
MIRO MAGARIÑOS ESTIVO AQUÍ...
Co motivo da
celebración da Semana das Letras Galegas,
este xoves, día 14 de maio contaremos no centro coa compañía teatral de Miro Magariños, actor galego moi
coñecido polas súas intervencións en varias series da TVG.
Poñerá en escena
para todo o alumnado unha obra que leva por título MERLOS, e que se representará no noso salón de actos.
Esta actividade
está organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e o Equipo de
Dinamización da Lingua Galega do Centro e conta ademais coa colaboración da ANPA, quen subenciona o cincuenta por
cento do importe da mesma.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)