martes, 19 de maio de 2015
CORRELINGUA: DARLLE Á LINGUA, A ESPECIALIDADE DO CEIP SAN MARTIÑO
O venres, 15 de
maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os
anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa
excursión favorita, despois da de fin de curso.
Os autobuses
chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería,
todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego!
Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á
praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando
lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que
comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada
merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a
cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba
unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son
galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar
galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar
soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran,
souberan que aquí falamos galego.
Como xa sabedes, o
Correlingua non é un concurso e, polo tanto, ninguén gaña. Pero aínda así, e só
por participar, agasalláronnos cuns libros para todo o cole.
Texto
colectivo quinto
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario