Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 21 de decembro de 2012

FELICES FESTAS!!!
 
O profesorado do CEIP San Martiño desexa a toda a comunicade educativa unas festas de Nadal cheas de paz e armonía, esperando que recibamos o 2013 con ilusión e esperanza.

martes, 18 de decembro de 2012

VISITA DE ANXO MOURE “O APALPADOR"


O xoves, 14 de decembro, recibimos a visita dun personaxe mítico que vive nas Serras do Courel e do Cebreiro, na provincia de Lugo, é o "Apalpador", que polo Nadal baixa a traerlle castañas asadas aos nenos cando están durmidos e  despois apálpalle as barriguiñas para comprobar se comeron ben.
Anxo Moure é un escritor e conta contos. Ademais fai o personaxe de "Apalpador".
Cando entrou na nosa Biblioteca , o primeiro que fixo foi facernos unha proba:
 tiñamos que responder a tres preguntas:
-Sodes de xoguete?- Nooon!!!
-Sodes dos que queiman os bosques ?- Nooon!!!
-Sodes dos que ensucian os ríos e os bosques ?- Nooon.!!!
Entón xa podiamos ser todos Apalpadores cantando esta canción :
Apalpa barrigas son,
apalpo a barriga coa miña man,
e traio castañas asadas
aos nenos e nenas que comen san.
Todos xuntos dixemos que non a moitas chuches e si aos bocadiños e a comida sana.
Despois ensinounos a mirar o mundo a través das árbores.
 E co seu cabaliño de madeira“ Caramulo” nos transportamos ás Serras do Courel.
Alí respiramos o aire puro da natureza e dixemos: gracias carballos, gracias sobreiras, bidueiros, buxos, acivros...
Logo démoslles apertas ás árbores que eramos nós que faciamos o personaxe dunha árbore. E rematamos escoitando a súa música que saía da buxeira, unha frauta feita de buxo e pereira , un invento que estreou  Anxo para nós. O seu son é moi alegre. Gardamos a súa música nas nosas mans, e se a escoitamos cando estamos tristes enseguida nos fai rir.
Para rematar dedicounos o seu libro, O Carballo con Botas, e algúns autógrafos.
Así foi... todo tan divertido...


luns, 10 de decembro de 2012

PARTICIPAMOS NO CULTURGAL


Foi a mellor saída que tivemos porque puidemos engadir un pequeno gran de trigo a esa grande feira da Industria Cultural Galega que se celebrou en Pontevedra.
O alumnado de 5ºe 6º curso, tivemos a sorte de facer un obradoiro de cabezóns co fabuloso artista que é Inacio Vilariño, empezamos a facelos no colexio e logo rematamos de pintalos alí no Culturgal. Unha vez rematados participamos no desfile xunto con outros coles e a banda de música que inauguraba a feira.
Foi moi divertido porque tiñamos que ir bailando ao son da música co cabezón posto na cabeza, Inacio ía diante nosa cun cabezón moi grade. Ata saímos no Telexornal.
Logo fomos a un concerto cos músicos, onde nos deron algunhas chuches e tamén aproveitamos para merendar.
Despois fomos ver todo o que había pola feira que eran moitos postos: de libros, obras de teatro, discos, programas de televisión... Déronnos a todos moitos marcapáxinas, algúns libros e varios discos.
Viñemos moi contentos, oxalá poidamos volver outro ano!

Alumnado de 5º.



martes, 13 de novembro de 2012

Magosto 2012




xoves, 8 de novembro de 2012

UNHA NOITE DE SUSTOS

A noite era escura. Eu coloquei a miña caveira nunha encrucillada de sete camiños e, cando xa me marchaba, apareceu polas miñas costas un esqueleto, ao mirar para atrás: Meu deus!! Case morro do susto!!. Era o meu amigo Luís que para tranquilizarme díxome que non era ningún esqueleto.
 Despois os dous fomos á casa de Xiana.
Cando chegamos, chamamos á porta, que se abriu renxendo ela sola. Dentro estaba moi escuro.
 Con moito medo, asomamos un pouco as nosas cabezas para ver o que había no interior e...de repente a porta pechouse e empurrounos para dentro da casa. A escuridade era total. Escoitamos unha voz que dicía:

Son a pantasma branca e quérovos levar comigo!!! Seguídeme!!!

Tremelicando os dous seguimos aquela voz que nos levou pola escuridade ata o cuarto de Xiana, de súpeto, acendéronse as luces e apareceu Xiana co disfrazo de pantasma rindo a gargalladas do susto que nos metera.
- Imos agora á casa de Paulo?
-Preguntou Xiana. Nós dixemos que si porque xa nos estabamos divertindo con tantos medos.
Cando chegamos á súa casa chamamos á porta e quedamos a espera de que a porta se abrise a ver que sorpresa nos agardaba:
Entón unha sombra cunha corda na man apareceu no medio da porta e pouco a pouco íase achegando a nós,
Sen perder tempo botamos a correr canto nos daban as pernas.
Pasado un pouco escoitamos unhas risiñas , Era Paulo disfrazado de zombi.
Logo acordamos entre todos ir polas encrucilladas dos camiños asustando a todos os que andaban por fóra nunha noite tan perigosa.
                               Foi a noite de Samaín
                              máis divertida que vivín.
Texto:   Clara
Debuxo: Álvaro
5º Curso

xoves, 1 de novembro de 2012

VIVAN OS MONSTRUOS!!  VIVA O MEDO!!

No Samaín 2012  disfrutamos moito  coas cabazas do medo, coas historias de fantasmas, coas lecturas de terror, en fin, coa maxia destas datas...

Como cada ano, organizamos a exposición de cabazas, grazas á colaboración de todas as familias do cento e tamén escenificamos un conto de medo, titulado"A min non me comas" da editorial OQO coa participación de dous alumnos de Primaria: Enzo de 6º e Gonzalo de 4º e tamén dalgúns profesores e profesoras, que se transformaron este día en actores e actrices improvisados.

Dende salcedoteca grazas a tod@s por prestar o seu tempo e axuda en conseguir que o día do Samaín sexa para os nosos alumnos e alumnas o día do medo máis esperado e menos temido...


luns, 29 de outubro de 2012

RECOLLIDA DE COGUMELOS NO LAGO DE CASTIÑEIRAS
 
O pasado domingo, día 28 de outubro a ANPA do CEIP San Martiño realizou una saída ao coñecido monte de San Xulián, no que se atopa o Lago de Castiñeiras,  para levar a cabo  unha recollida de cogumelos, actividade típica do outono, no que participaron moitas familias do centro, aprendendo moito sobre micoloxía e disfrutando ao tempo de momentos de lecer compartidos.
 
Deixamos aquí esta reportaxe gráfica, cedida por unha das familias participantes, e aproveitamos para felicitar dende Salcedoteca esta iniciativa cultural e lúdica, que serve para incrementar o coñecemento e fomentar o respecto e interese polo medio ambiente natural.
 
Por último, dicir que se atopa neste momento no centro unha exposición cos cogumelos recollidos, para que todas as familias, que así o desexen,  a apoidan visitar. 
 

 

MES DE OUTUBRO DEDICADO ÁS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro é a celebración do Día da Bibliotecas Escolar impulsado pola International Association of School Librarianship (IASL) que, baixo o lema A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro, propón o desenvolvemento de diferentes accións durante o mes de outubro - Mes Internacional da Biblioteca Escolar – para salientar a importancia destes espazos e todas as súas posibilidades nos centros educativos. Moitos centros de ensino están a desenvolver nestes días diferentes actos conmemorativos do Día da Biblioteca. No CEIP SAN MARTIÑO, este ano dedicámolo a Rosalía de Castro porque temos no centro a exposición: Rosalía Sempre Viva que organizou a Fundación Manuel María e que nos facilitou a Concellería de Política Lingüística do Concello de Pontevedra. Todo o alumnado do centro tivo a ocasión de ver e estudiar de maneira gráfica esta escritora. Despois de visitala organizamos varias actividades:
- O alumnado de sexto de Educación Primaria contou a biografía de Rosalía adaptada aos distintos niveis de Infantil e Primaria utilizando medios dixitais; Fixeron un Powerpoint onde resumiron a súa vida, puxeron música e recitaron algunhas poesías. Foi moi didáctico e divertido.
- Os de quinto de Educación Primaria fixeron unha representación de teatro de varias poesías: Turra turra xan pola burra, Vamos bebendo, Xan e Alborada con musica. Asistiu todo o alumnado de Primaria.
- Os de cuarto de Educación Primaria tamén recitaron para os de Educación Infantil e Primaria: Vente rapaza vente meniña.
 
Foi toda unha semana con Rosalía de Castro.
 
 Has de cantar,
Que che hei de dar zonchos;
Has de cantar,
que che hei de dar moitos.

Vivan as bibliotecas e viva Rosalía de Castro!!!

venres, 29 de xuño de 2012

Vídeo: Lobo Feroz

Como agasallo de fin de curso, aquí vos deixamos o vídeo realizado polos alumnos e alumnas de Educación Infantil sobre o conto "Lobo Feroz".

martes, 26 de xuño de 2012

FESTIVAL FIN DE CURSO 2011/12

Coas imaxes do noso Festival Fin de Curso, despedímonos de todas as familias que forman parte da nosa comunidade educativa, desexándolles a todos  unhas felices vacacións. Ata setembro!!!

martes, 19 de xuño de 2012

CRISTINA GARRIDO, PREMIADA!!!
Hoxe, martes 19 de xuño a nosa alumna de 5º de Primaria, Cristina Garrido Cabello recibiu no Pazo da Cultura un dos premios que concedeu o Concello de Pontevedra, dentro do concurso de cartas sobre Educación Vial e que consistiu nunha espléndida bicicleta. Alí estivemos acompañándoa en representación do centro a directora e a titora de 5º, xunto coa súa familia.
Dende Salcedoteca felicitámola unha vez máis e deixamos aquí estas imaxes para o recordo.

luns, 18 de xuño de 2012

Lista de libros de texto para o curso 2012/13

Información importante:

Se queredes consultar a lista de libros de texto do CEIP San Martiño para o curso escolar 2012/13 so tedes que clicar na seguinte ligazón ou descargalo dende aquí.

xoves, 31 de maio de 2012

Xogos populares: a billarda (II)

Continuando coas actividades relacionadas coa recuperación de xogos populares, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria participaron, o pasado mércores 30 de maio, na "Xornada de billarda" organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, xunto con outros catro centros de ensino da cidade (Campolongo, Xeve, Lérez e Campañó).

Se queredes ver a reportaxe fotográfica non tedes máis que visitar o noso bog de Normalización Lingüística: Oñitram

sábado, 5 de maio de 2012

Charla sobre o mel

O venres 4 de maio tivemos unha charla-degustación sobre o mel, as abellas e as colmeas organizada Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

venres, 4 de maio de 2012

O xogo da billarda

Hoxe, venres 4 de maio, visitáronnos dous monitores da Asociación Cultural Ecobateas para presentarnos o tradicional xogo da billarda. Esta actividade encádrase dentro da programación do “Maio, mes da lingua”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

A billarda ou estornela é un xogo popular, recuperado e posto en valor nos últimos anos. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras.

Para xogar necesítase: un pequeno pau (duns 20 cm.) lixeiramente afiado nos extremos chamado billarda, e outro pau de maior tamaño e grosor (ao redor de 50 cm.) chamado palán.

O xogo consiste en golpear co palán nunha das puntas da billarda (que está colocada no chan), de xeito que se fai saltar a billarda, e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que a despide a maior distancia. Gaña o xogador que consigue chegar coa billarda ata o varal (especie de portería) antes que os seus contrincantes.

Na seguinte reportaxe fotográfica podedes ver como os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria pasárono en grande con este xogo tradicional, que volverán a practicar nun encontro que se celebrará a finais deste mes de maio, xunto con rapaces e rapazas doutros centros do concello de Pontevedra.

martes, 1 de maio de 2012

OBRADOIROS DE INTERCULTURALIDADE

A pasada semana celebramos no centro varios obradoiros sobre a interculturalidade: en educación infantil contamos coa colaboración do músico cubano Pedro Campos que presentou aos máis pequenos unha sesión de percusión tradicional e corporal, aprendendo tamén o nome e o son de varios instrumentos musicais propios do seu país.
Por outro lado, os alumnos de educación primaria estiveron traballando con contos e xogos do mundo da man da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que veu ao noso centro a falarnos da cultura e forma de vida no Sáhara.
Deixamos aquí reportaxes gráficas destas actividades.

luns, 30 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA: VENRES, 27
REPORTAXES GRÁFICAS. VENRES, 27 DE ABRIL

xoves, 26 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA: XOVES, 26

REPORTAXES GRÁFICAS: XOVES, 26 DE ABRIL



mércores, 25 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA: MÉRCOES, 25

REPORTAXES GRÁFICAS: MÉRCORES, 25 DE ABRIL


martes, 24 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA: MARTES

REPORTAXES GRÁFICAS: MARTES, 24 DE ABRIL

VIII SEMANA DA LECTURA: LUNS

REPORTAXES GRÁFICAS: LUNS, 23 DE ABRIL

luns, 23 de abril de 2012

VIII SEMANA DA LECTURA, ABRIL 2012

O CEIP San Martiño- Salcedo, Pontevedra  inaugura este luns 23 de abril a VIII Semana da Lectura, adicada este ano á interculturalidade. Este evento está incluído do noso Proxecto Lector e forma parte do segundo proixecto da Biblioteca.
Ademais tamén ofrecemos aos nosos invitados e familias dúas exposicións moi interesantes, Lérez ao natural e Obxectos do mundo:
Lérez ao natural amosa a fauna terrestre e acuática dos ríos de Pontevedra. Foi realizada polo fotógrafo e documentalista Jorge Candán e permite admirar instantáneas inéditas de tartarugas, raposos, salmantesas e outras especies.
Obxectos do mundo é unha exposición única que foi organizada grazas á colaboración de todas as familias do centro que aportaron obxectos dos cinco continentes. Dende aquí grazas a todos e a todas pola súa colaboración.
Temos o gusto de invitalos dende aquí a que participen connosco nesta actividade de lecturas compartidas.

venres, 13 de abril de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE AUSTRALIA DE 6º DE ED. INFANTIL


Dentro do proxecto da Interculturalidade, o alumando de 6º de Educación Infantil estudia a cultura australiana con diferentes actividades como esta exposición montada na súa aula, coa que realizaron visitas guiadas para o resto dos cursos. Todo o material da mesma foi aportado por Montse Pose, a nai de Alex Suárez , á que lle agradecemos moitísimo a súa colaboración.




mércores, 11 de abril de 2012

A NOSA HORTA ECOLÓXICA

Este próximo venres, 13 ás 16:30h   a   ANPA do CEIP San Martiño organizará  o segundo obradoiro no que se está a plantar unha horta ecolóxica.
O primeiro destes obradoiros levouse a cabo pouco antes de Semana Santa e aquí tedes a reportaxe gráfica do moito que traballaron e dos fermosos productos da terra que están a cultivar.

luns, 26 de marzo de 2012

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
Este ano celebramos este día dun xeito moi especial.
Primeiro lemos e debuxamos poesías que despois pegamos no mural do vestíbulo do colexio, que nos quedou moi bonito. Despois fomos á biblioteca onde había a presentación do libro: Poemas con Piruleta, que fixeron algunhas alumnas de 6ªcurso: Ana, Elia, Lara, Laura e Raquel. Foi unha presentación preciosísima porque nos falaron do libro e de que coñeceran ao autor, que é Carlos Fontes no Culturgal cando foran pintar os graffitis que agora están no colexio. Foi alí onde  dedicou o libro a nosa biblioteca.
O máis bonito é que mesturaron os poemas con música, cantaron algunhas cancións como A saía de Carolina e tocaron varios instrumentos. Elia deixounos abraiados co son do seu violín e as demais nenas do ben que tocaron as frautas.
Raquel escribiu para a presentación: ”Carlos Fontes é un poeta que vive en Pontevedra. Recibiu varios premios de poesía. Poemas con Piruleta son bonitas poesías para aprender o solfexo, cantas cores hai no mundo, como se chaman as árbores e as letras ... Carlos é moi divertido e rimos moito con el, tamén nos prometeu que cando sacara outro libro viría aquí ao colexio e nolo amosaría.”
Gustounos moitísimo a todos, por eso nos pareceu que durou pouco.
  

luns, 19 de marzo de 2012

COÑECENDO INSTRUMENTOS
Dentro do noso proxecto de interculturalidade en Educación Infantil comezamos coñecendo algúns instrumentos da cultura galega, par o cal contamos coa colaboración da nosa exalumna Marta Gómez Martín que nos fixo unha demostración da pandeireta e José Piñerio Garrido cun concerto didáctico de gaita.
Aprendemos e disfrutamos moito.

venres, 16 de marzo de 2012

VISITA AO SALÓN DO LIBRO 12+1 

O día 8 de marzo foi cando nos tocou ir visitar o Salón do Libro. Fomos todo o colexio e como eramos moitos tiveron que vir catro autobuses para trasladarnos  ata o Pazo da Cultura.
Este ano trataba das supersticións. Ao chegar alí vimos uns gatos  xigantes de cor negra e o letreiro: 12 + 1- meigas fóra!
 Como de costume recibiunos o lobo Orbil. Logo viñeron varios monitores e monitoras que nos levaron a facer diferentes obradoiros segundo a nosa idade; os máis pequenos foron escoitar varios conta contos, os de segundo e terceiro ciclo fixemos obradoiros sobre os meigallos antes de ir visitar as exposicións.
Os de 6º fixemos un saquiño de barro, que é un amuleto para a boa sorte; dentro metemos: unha pedra da cova da moura, un misto, un céntimo, pó máxico, bágoas de moura  e o máis importante os nosos desexos cun soprido.
Cando rematamos atámolo cun cordel e puxémoslle o noso nome, logo levámolo para a casa.
Despois, pasamos  á sala de exposición a ver os traballos dos coles, alí tamén se atopaba o noso trevo de catro folas  titulado: Meigas Fóra, onde están todos os contos que escribimos,  e o estudio de supersticións que fixemos entre todo o alumnado do colexio.
Inda nos faltaba pasar polos espacios,  o do cruceiro, e algúns máis,
Por último, probamos a sorte na roda da fortuna e como xa era un pouco tarde tivemos que marchar.
Ao saír fixemos unha bonita foto debaixo do gato da entrada.
Foi unha excursión chea de supersticións. Gustounos moito esta saída porque aprendemos divertíndonos.                                         6º curso

martes, 6 de marzo de 2012

 CONVIVENCIA MUSICAL COS CHICHISOS

Dentro do programa  da ANPA do colexio Marzo Cultural, o grupo de música galega os Chichisos   fixeron unha actuación didáctico musical, na que ademais de tocar,  amosaron os instrumentos da música tradicional e moitos outros feitos na casa , que
noutros tempos, facían os nenos; Chifres  con bugallos ou con casca de noz,  frautas con canas ou follas coas que se pode facer música.
Foi unha velada de festa na que participaron ademais dos nenos algúns pais tocando cos músicos e algunha nai e profesora cantando e bailando.
A festa rematou cunha merendola e todos tan contentos.
Felicidades a ANPA por esta iniciativa de dar a coñecer a nosa cultura musical.
 

xoves, 1 de marzo de 2012

CHARLA DE ARQUEOLOXÍA
A ANPA do CEIP San Martiño inaugura este ano unha serie de actividades que levan por título MARZO CULTURAL, cunha charla dirixida aos alumnos de 3º, 4º e 5º de educación Primaria sobre arqueoloxía, centrada sobre todo nos petroglifos de Tourón (Ponte Caldelas) a cargo do profesor Buenaventura Aparicio Casado, que conta no seu haber con varias publicacións sobre o tema e que ademais é unha persoa destacada e recoñecida dentro deste campo. Desde Salcedoteca queremos agradecer a súa presenza no centro e tamén loubar o labor e o interese da directiva da ANPA en organizar os eventos do MARZO CULTURAL que esperermos sexan de proveito e agrado de tod@s.
Deixamos a continuación esta pequena reportaxe sobre a charla de arqueoloxía, que tanto gustou e disfrutou o noso alumnado.

luns, 20 de febreiro de 2012

ENTROIDO MEIGO


mércores, 15 de febreiro de 2012

O TRIÁNGULO MÁXICO DO ENTROIDO GALEGO


mércores, 8 de febreiro de 2012

PRESENTACIÓN DE PDI
Este ano coincidindo coa temática do Salón do Libro de Pontevedra, adicamos o noso proxecto de Biblioteca a estudar as supersticións e as crenzas populares. Todos os cursos de Infantil e Primaria realizaron un Proxecto Documental Integrado no cal profundizaron en temas relacionados coas meigas, coas crenzas do mar, coas crenzas antigas celtas...
Esta semana comezamos a exposición destes traballos para todo o alumnado e aquí deixamos pequenas reportaxes gráficas desta actividade.
MARTES, 7
3º DE PRIAMRIA: MEIGAS E BICHOS
4º DE PRIMARIA: CRENZAS E SUPERSTICIÓNS DA XENTE DO MAR


MERCORES, 8
5º DE PRIMARIA: A SANTA INQUISICIÓN E A QUEIMA DE BRUXAS
6º DE PRIMARIA: O CALENDARIO CELTA


XOVES, 9
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
6º DE EDUCACIÓN INFANTIL



VENRES, 10
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
1º DE PRINMARIA
2º DE PRIMARIA

sábado, 4 de febreiro de 2012

O ELIXIR DO AMOR
O xoves, 26 de Xaneiro, os alumnos de 5º e de 6º fomos ao auditorio de Nova Caixa Galicia a ver a representación do Elixir do Amor do compositor italiano Gaetano Donizetti.

Os que cantaban eran os da compañía Camerata Lírica de España.

Había dúas sopranos: Adina e Geanetta. Eran dúas mulleres que cantaban moi ben. Todas as cancións eran en italiano.

Nemorino era tenor, Belcore era barítono e o doutor Dulcamara era baixo barítono.

Aparte de cantar ópera tamén facían cousas divertidas para que non fora todo tan aburrido.

A min gustoume bastante. Daríalle de nota un 8. O personaxe que máis me gustou foi Nemorino porque era o que máis participaba e porque facía máis gracias.

Tamén era divertido o doutor Dulcamara xa que sempre tiña algunha escusa para subir os prezos dos seus beberaxes. 200 euros por unha simple botella de viño Ribeiro non me parece moi normal...

En resumo, que divertinme moito e espero poder volver a ver algunha obra de Camerata Lírica de España, se me fan rir como esta vez.

Voces dos personaxes: Nemorino tenor, Adina soprano, Geanetta soprano, Doutor Dulcamara baixo.

Donizetti naceu en Bergamo (Italia) en 1797 foi un dos creadores da ópera romántica, compuxo máis de setenta óperas entre as que está O elixir do amor . Morreu en 1848.

(Texto de Elia Pedrosa de 6º de Primaria)