Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 29 de outubro de 2012

MES DE OUTUBRO DEDICADO ÁS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro é a celebración do Día da Bibliotecas Escolar impulsado pola International Association of School Librarianship (IASL) que, baixo o lema A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro, propón o desenvolvemento de diferentes accións durante o mes de outubro - Mes Internacional da Biblioteca Escolar – para salientar a importancia destes espazos e todas as súas posibilidades nos centros educativos. Moitos centros de ensino están a desenvolver nestes días diferentes actos conmemorativos do Día da Biblioteca. No CEIP SAN MARTIÑO, este ano dedicámolo a Rosalía de Castro porque temos no centro a exposición: Rosalía Sempre Viva que organizou a Fundación Manuel María e que nos facilitou a Concellería de Política Lingüística do Concello de Pontevedra. Todo o alumnado do centro tivo a ocasión de ver e estudiar de maneira gráfica esta escritora. Despois de visitala organizamos varias actividades:
- O alumnado de sexto de Educación Primaria contou a biografía de Rosalía adaptada aos distintos niveis de Infantil e Primaria utilizando medios dixitais; Fixeron un Powerpoint onde resumiron a súa vida, puxeron música e recitaron algunhas poesías. Foi moi didáctico e divertido.
- Os de quinto de Educación Primaria fixeron unha representación de teatro de varias poesías: Turra turra xan pola burra, Vamos bebendo, Xan e Alborada con musica. Asistiu todo o alumnado de Primaria.
- Os de cuarto de Educación Primaria tamén recitaron para os de Educación Infantil e Primaria: Vente rapaza vente meniña.
 
Foi toda unha semana con Rosalía de Castro.
 
 Has de cantar,
Que che hei de dar zonchos;
Has de cantar,
que che hei de dar moitos.

Vivan as bibliotecas e viva Rosalía de Castro!!!

Ningún comentario: