Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 24 de xaneiro de 2014

ACTIVIDADE CO CORPO NACIONAL DE POLICÍA

Como en anos anteriores o CEIP San Martiño participou no PLAN DIRECTOR , actividade estructurada nunha parte teórica consistente nunha charla dada ao alumnado de 3º ciclo sobre os perigos do uso da Internet e das redes sociais ademais doutros temas relacionados coa convivencia nos centros educativos, complementándose hoxe venres  cunha exhibición do parque móvil e doutros materiais específicos do Corpo da Policía Nacional.
Dende este blog queremos deixar constancia gráfica deste día tan especial para o noso alumnado, no que ademais de poder acercarse ao mundo desta noble profesión, puideron pasar un momento de lecer inolvidable para todos eles.
Agradecemos por último a implicación de todos os membros do CNP nesta actividade, especialmente ao Inspector D. Manuel Vázquez, os cales trataron con moita atención e cariño a todos os que formamos parte da comunidadfe educativa do CEIP San Martiño.