martes, 25 de xuño de 2013
Un festival musical
¡Vaia festival máis musical o deste ano!
Para rematar dun xeito festivo o proxecto dedicado á música puidemos disfrutar de moitas actuacións musicais con cáncións en distintos idiomas, bailes, raps, música clasica... Ademais tivemos teatro en galego e en inglés, a entrega de orlas aos alumnos de 6º de Infantil e 6º de Primaria ... e ata choramos despedindo aos alumnos que se van para o Instituto. Seguro que eses momentos tan emotivos quedarán nas nosas memorias por moito tempo.
Aquí en Salcedoteca deixamos testemuña desta " festa de despedida" coas seguintes imaxes:
mércores, 12 de xuño de 2013
AS AVOAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
O ano pasado a nosa participación en
PONTE...NAS ONDAS!!! foi un grande éxito, xa que a nosa película "O Lobo Feroz" foi
seleccionada para competir no Festival Internacional de Cine de
Ourense (OUFF).
Así pois, este ano repetimos
participación coa colaboración das avoas de Nicolás Pardo e de Caterina Solla de 6º de Educación Infantil
explicando xogos tradicionais.
O venres, 31 de maio acompañounos Dna. María Aguete, avoa de Nicolás Pardo, quen nos explicou xogos tales como Nesta casiña hai lume?... Vai para aquela que botan fume ou A corda, o trompo, e os pelouros.
O luns, 3 de xuño estivo no centro Dna. Maribel Portela, avoa de Caterina Solla. Con ela aprendemos o xogo de Antón, Antón pirulero e tamén algún xogos de cartas.
A ambas as dúas lles agradecemos que atendesen a nosa petición e que participasasen nesta experiencia.
Aquí temos as fotos de recordo deses momentos.
O luns, 3 de xuño estivo no centro Dna. Maribel Portela, avoa de Caterina Solla. Con ela aprendemos o xogo de Antón, Antón pirulero e tamén algún xogos de cartas.
A ambas as dúas lles agradecemos que atendesen a nosa petición e que participasasen nesta experiencia.
Aquí temos as fotos de recordo deses momentos.
sábado, 1 de xuño de 2013
ACTUACIÓN DO TEATRO EXTRAESCOLAR
O pasado mércores, 29 de maio tivemos o pracer de disfrutar da actuación dos alumnos e alumnas, que este ano participaron na actividade de teatro extraescolar, organizada pola ANPA, co seu profesor Manuel Solla. A obra titulábase "Unha tarefa escolar" e foi representada por alumnado do noso centro e do CEIP Cabanas. Pensamos que este traballo colaborativo foi una boa oportunidade para realizar una actividade conxunta que contribúe a desenvolver actitudes de tolerancia e convivencia, que dende aquí aplaudimos como tal iniciativa.
Aproveitamos para felicitar a todos os actores e actrices pola súa actuación e deixamos aquí esta pequeña testemuña gráfica para o voso recordo.
Se queredes, tamén podedes pinchar nos seguintes enlaces para poder ver o vídeo que amablemente nos cedeu Benito Juncal, pai de Sasa Juncal, alumna do CEIP Cabanas, ao cal lle agradecemos a súa a tención e amabilidade por aportarnos este material:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)