AS AVOAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
O ano pasado a nosa participación en
PONTE...NAS ONDAS!!! foi un grande éxito, xa que a nosa película "
O Lobo Feroz" foi
seleccionada para competir no Festival Internacional de Cine de
Ourense (OUFF).
Así pois, este ano repetimos
participación coa colaboración das avoas de Nicolás Pardo e de Caterina Solla de 6º de Educación Infantil
explicando xogos tradicionais.
O venres, 31 de maio acompañounos Dna. María Aguete, avoa de Nicolás Pardo, quen nos explicou xogos tales como Nesta casiña hai lume?... Vai para aquela que botan fume ou A corda, o trompo, e os pelouros.
O luns, 3 de xuño estivo no centro Dna. Maribel Portela, avoa de Caterina Solla. Con ela aprendemos o xogo de Antón, Antón pirulero e tamén algún xogos de cartas.
A ambas as dúas lles agradecemos que atendesen a nosa petición e que participasasen nesta experiencia.
Aquí temos as fotos de recordo deses momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario