Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

domingo, 29 de maio de 2011

ROTEIRO DOS BOLECHAS

Por segunda vez participa o CEIP San Martiño no Roteiro dos Bolechas con alumnos do 1º ciclo. Tiveron deste modo a oportunidade de visitar e coñecer o casco antigo e as rúas máis importantes do centro de Pontevedra.



SEMANA DOS OBRADOIROS

Como colofón á "Semana dos Obradoiros" sobre os inventos, pareceunos interesante que todos puiderades comprobar como os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria levaron a cabo a presentación dos seus traballos. Por iso, e a modo de exemplo, a continuación mostrámosvos un vídeo resumo dos talleres realizados sobre o avión e a pila.



sábado, 28 de maio de 2011

SEMANA DOS OBRADOIROS: VENRES, 27


Remata este ano a Semana dos Obradoiros, dedicada esta vez aos inventos e en, xeral, ao mundo da ciencia coa participación do grupo CREARTE que presentou dous obradoiros:

MADAN CURIE, que abordou a vida e aportacións á ciencia desta científica eminente, de maneira escenificada ao alumnado de 3º ciclo:






LEONARDO DA VINCI, o xenio do Renacemento foi presentado aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, que tiveron logo unha parte práctica na que confeccionaron un pequeno artiluxio a modo de paracaídas:



xoves, 26 de maio de 2011

SEMANA DOS OBRADOIROS: XOVES 26


No cuarto día da Semana dos Obradoiros foron dous os grupos de 6º de Primaria os que presentaron os seus traballos. O primeiro grupo expuxo un estudo sobre a pila eléctrica (definición, tipos, historia, inventor...) e realizou un taller de elaboración dunha pila voltaica utilizando moedas de 5 céntimos, fieltro e papel de aluminio, coa que foron quen de encender un diodo led. Facendo clic nesta ligazón podedes ver o seu traballo.

Imaxes do obradoiro sobre a pila de Volta (alunm@s de 6º de Ed. Primaria presentan a pila a alumn@s de 4º de Ed. Primaria).


O segundo grupo presentou un interesante traballo sobre o teléfono, coa mesma estrutura que os anteriores (funcións, tipos, evolución, inventor...) e organizou un obradoiro de construción dun teléfono "caseiro", empregando vasos de plástico, corda e palillos. Facendo clic nesta ligazón poderedes ver a súa presentación.

Imaxes do obradoiro sobre o teléfono (alunm@s de 6º de Ed. Primaria presentan o teléfono a alumn@s de 5º e 6º de Ed. Infantil).


mércores, 25 de maio de 2011

SEMANA DOS OBRADOIROS: MÉRCORES, 25

Un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Primaria presentou un obradoiro sobre o invento do reloxo ao alumnado de 1º de Primaria, que puido así coñecer para que serve un reloxo, as súas partes e como evolucionou ao longo da historia. Para rematar a actividade, todos os alumnos de 1º construíron o seu propio reloxo de area. Facendo clic nesta ligazón podedes ver a presentación que elaboraron.


O outro grupo de 5º de Primaria presentou un traballo sobre o compás (brúxula) ao alumnado de 2º de Primaria: as partes do compás, os seus usos, o inventor e a súa historia; e, por último, un obradoiro de elaboración dun compás caseiro, foron as partes nas que se dividiu a súa exposición. Facendo clic nesta ligazón podedes ver a presentación que elaboraron.


SEMANA DOS OBRADOIROS: MARTES 24

Os alumnos de 6º e 5º de Primaria prepararon varios obradoiros que presentarán ao longo desta semana aos compañeiros de Ed. Infantil, 1º e 2º ciclo de Ed. Primaria.

Todos estes obradoiros constan de dúas partes. En primeiro lugar hai unha parte teórica na cal se fala do invento, da súa evolución ao longo da historia e da biografía do seu inventor. A segunda parte do obradoiro é decididamente práctica e baséase na realización dunha actividade experimental relacionada coa temática que se presenta.

Hoxe, martes 23, @s alumn@s de 6º presentaron os seus traballos sobre dous inventos, a imprenta e o avión, e finalizaron a súa exposición con dous obradoiros de elaboración de selos ou tampóns e dun planeador de papel, respectivamente. Clicando nas seguintes ligazóns poderedes ver as presentacións que elaboraron: imprenta - avión.

Queremos felicitar dende aquí aos nosos alumnos e alumnas de 3º ciclo que prepararon estes pequenos proxectos con tanta ilusión e interese e tamén non esquecernos de agradecer e feliciar a Diego, o seu profesor de informática que dirixiu e coordinou estes traballos. A tod@s a nosa noraboa!!!!

Obradoiro sobre a imprenta ( alunm@s de 6º de Ed. Primaria presentan a imprenta a alumn@s de 4º de Ed. Infantil)

Obradoiro sobre o avión (Alumn@s de 6º de Primaria presentan o avión a alumn@s de 2º ciclo de Primaria)

luns, 23 de maio de 2011

SEMANA DOS OBRADOIROS: LUNS 23


Seguindo coa nosa programación, rematamos este ano o segundo proxecto de biblioteca, adicado este ano aos inventos e aos inventores, coa Semana dos Obradoiros, na cal intentamos realizar unha serie de actividades de tipo práctico e con carácter basicamente lúdico, nas que o alumnado ten a oportunidade de acceder aos coñecementos científicos dunha forma manipulativa e cunha grande dose de diversión.


Comezamos hoxe luns coa visita de Ciencia Divertida, que leva anos acercando o mundo da ciencia aos nenos e nenas a través de programas educativos e de entretenemento.


sábado, 21 de maio de 2011

VISITAMOS A EIRA DA XOANA

Hoxe sábado o alumnado de 6º de Primaria visitou a Eira da Xoana, un centro de Educación Ambiental da Asociación Ecoloxista ADEGA, situado na Golada. Esta visita foi o premio acadado por resultar gañadores do concurso de banda deseñada, convocado pola Asociación do Correlingua.

Nesta xornada coñeceron o Castelo de Pambre, as torrentes de Mácara de Ramil e participaron nas actividades lúdico-musicais do Día da diversidade natural e cultural.


mércores, 4 de maio de 2011

FELICIDADES A SOFÍA POLO PREMIO!!!

Sofía Acuña Rodríguez, alumna de 2º de Primaria recibiu onte o premio a nivel autonómico do concurso de contos organizado por Serunión, a empresa de cátering que xestiona os comedores escolares.

O tema era Cultivemos un mundo mellor e o obxectivo consistía en fomentar entre o alumnado os valores da convivencia.

Todos os profesores e profesoras do centro sentímonos moi orgullosos e queremos compartir con Sofía e a súa familia a alegría deste logro.