Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

mércores, 25 de marzo de 2015

POÑENDO MÚSICA AOS POEMAS...
Estivemos  a traballar con poemas en galego nas aulas. Sempre é interesante adentrarse no mundo da poesía. Ela é a arte da palabra!

Desta vez tivemos ademais a sorte de poder disfrutar despois dun pequeno concerto que nos ofreceu o cantante e compositor, Héctor, que está a poñer música ao libro de poemas "Cousas de meu pai".
 Aquí deixamos estas imaxes do ben que o pasamos... 
 

martes, 24 de marzo de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA!!!

O pasado día 17 de marzo, disfrutamos dunha actividade organizada no centro e patrocinada por Normalización Lingüística, que nos deu a oportunidade de achegarnos ao mundo da dobraxe. E así sucedeu todo...:
"Primeiro, utilizando os monicreques “Pelota Peluda” e “Raqueta Enriqueta” , os monitores fan un xogo dramático moi divertido no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe da mesma.
Acto seguido, ensaiamos “entre todos/as” un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes. Probámolo e experimentámolo todos? Ben. Agora... Quen quere saír?
Xa temos os “dobradores”. Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... Silencio! Imos gravar! Gavamos e, moi sorprendidos, escoitamos o resultado. E se nos trabucamos non pasa nada: repetímolo e listo.
Con textos sinxelos e curtos escollidos para a ocasión os/as nenos/as son os protagonistas. Traballan co galego ao tempo que se divirten poñendolle voz aos seus personaxes favoritos. Os centros recibirán unha copia de todo o gravado. Material que se lles enviará unha vez rematada a edición."

venres, 6 de marzo de 2015

CELEBRAMOS A ROSALÍA...