Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

miércoles, 30 de noviembre de 2011

AS AVES DA CIDADE: CHALA PROXECCIÓN CON FEDERICO DE LA PEÑA

O xoves día 24, tivemos na nosa biblioteca a presentación do documental Veciñas do Aire: un estudio das aves silvestres na cidade de Pontevedra feito por Federico de la Peña e patrocinado polo Concello de Pontevedra. Estamos moi contentos de que nos elixira o nós para iniciar a presentación nos colexios.

A narradora do documental é a cidade de Pontevedra e di cousas moi interesantes. Segundo un estudio feito polos ingleses cantas máis aves silvestres habiten unha cidade maior é a calidade de vida desa cidade. En Pontevedra hai unhas 134 o que é un número moi alto.

Federico investigou en cinco sitios diferentes da cidade. Empezamos vendo as aves da Illa do Cobo ou das Esculturas  que máis que un museo é un dormitorio de aves: pegas, cisnes parrulos e outras son felices alí.

 A xunqueira de Alba é un ecosistema vital para moitas; patos salvaxes, garzas e galiñas de río moi presumidas elas movendo a cabeza cara diante e atrás.

 A ría de Pontevedra alimenta a moitas coma o corvo mariño real que non ten graxa nas plumas e ten que poñerse ao sol a secar.

 O río dos Gafos é o fogar da gaivota chorona ou o tordo común que  engaiola coa excelencia do seu canto.

No casco urbano contaron máis dun cento de gaivotas e outras  máis: rulas turcas, pardais, papo roibos, merlos, xílgaros. Curuxas e ave laionas nos arredores do cemiterio. Remata dicindo que non estamos solos na nosa cidade que sempre estamos vixiados por algunha ave e que hai que  querelas e sentirse orgullosos delas.

Cando rematou o vídeo lle  fixemos preguntas e respondeu a todas. 


P.- Cal é a túa ave favorita?

R. -Todas teñen a súa beleza, unha das que máis me gusta é o tordo, que xa era a favorita de meu pai, gústame polo seu marabilloso canto e pola habilidade que ten para romper as cascas dos caracois contra as pedras.

P- Como conseguiches facer o documental sen que se escaparan ?

R- A veces camuflándome en casetas e, con moita paciencia; para poder gravar os xílgaros na rúa de San Antoniño tiven que estar subido a unha grúa varios días metido nun cesto e pasando moita calor. Tamén teño que agradecerlle a moitos veciños que me permitiron gravar dende os seus balcóns e ata subir aos tellados das súas casas.  

 P- Cal foi o documental máis difícil que fixeches?

 R- Foi este Veciñas do Aire que me levou dous anos completos sen poder ter vacacións nin fins de semana libres.

P- Se che gustan tanto as aves non te estrañou que as gaivotas comeran os pitiños dos niños próximos?

R- Sorprendeume moitísimo comprobar que as gaivotas son aves caníbales e deume moita pena .

P- Que che gusta máis de ser naturista?

R- Observar aos animais, ser un espía da natureza, facer documentais e despois vir aos colexios para que vós os coñezades e saibades respectalos.

Para o remate da charla tíñanos unha sorpresa amosounos unha rata actriz  que xa ten actuado en anuncios como o do Ratibrón e nalgunhas outras películas, e como inda non tiña nome a bautizamos co nome de Martiño.

E inda antes de marchar tivo a paciencia de asinarnos autógrafos.

Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

lunes, 21 de noviembre de 2011

EXPOSICIÓN DE PINTURA

PESQUEIRA. 1911-1987. De Terra e de xentes

 
O xoves, 17 de novembro, @s alumn@s de 3º e 4º de Primaria fomos á Sala de Exposicións de “Nova Galicia Banco” para “aprender a mirar” os cadros de Manuel Pesqueira Salgado.

Adicáronlle esta exposición este ano, porque o 7 de decembro de 2011 celébrase o centenario do seu nacemento en Lantañón (Paradela-Meis).

Nesta visita didáctica aprendemos moitas cousas interesantes sobre a vida e os cadros de M. Pesqueira, grazas ás explicacións da guía, que era moi simpática.

Vimos cadros de distintas épocas. Todos tiñan en común que estaban pintados coa man esquerda. Na Guerra Civil deixáronlle o brazo dereito inútil e tivo que facer un gran esforzo para poder pintar coa man esquerda.

Chamounos a atención que de neno xa pintaba con pinceis e pinturas fabricados por el mesmo, porque os seus pais non tiñan cartos para mercarlle estes materiais.

A guía explicounos que o seu pai mandouno a Pontevedra para que estudase Maxisterio e aquí coñece a Castelao e a outros artistas.

M. Pesqueira pinta ao óleo. A súa pintura caracterízase polas pincelas curtas e grosas. As figuras que aparecen nos seus cadros parecen esculturas.

Os seus cadros contan historias dos traballos no campo e de como era a vida na aldea. Estes cadros parecéronnos tristes, porque as cores eran grises, como “A palicuerda”. Tamén vimos outros máis alegres, pintados con cores máis vivas, como o titulado “A familia”.

A guía tamén nos explicou como M. Pesqueira representaba o movemento nas figuras dos seus cadros. Parecía que algunhas tiñan dúas cabezas.

Ao final da visita, cada un de nós coloreamos unha vaca ao noso gusto.

Esta visita foi unha boa maneira de recordar o traballo espectacular de Manuel Pesqueira, “o pintor zurdo de Meis”, no centenario do seu nacemento.



Alumn@s de 4º

sábado, 19 de noviembre de 2011

MAGOSTO, 2011
O tempo este ano fíxose de rogar e estabamos todos bastante preocupados polo noso Magosto, porque o sol non quixo regalarnos un bo día ata este pasado xoves, no que por fin puidemos celebralo.
As castañas queixáronse tamén do tempo e algunhas incluso houbo que retiralas da festa por estar abaroladas, pero non houbo problema ningún porque o centro mercou o día anterior castañas suficientes para que ao final ata sobrasen.
Coma sempre, organizáronse os xogos tradicionais, nos que os alumnos e alumnas de 6º tiveron a oportunidade de participar como monitores, experiencia moi grata e ao mesmo tempo formativa para eles. Este ano os xogos que se presentaron foron os seguintes: o tiracorda, a carreira de culler con castaña, o arrinca cebolas, os zancos, o xogo do pano, a carreira con laranxas (que ao final foron pelotas de tenis...), o tiro á rá e, por último, a grande novidade deste ano, o carozo no bote, xogo colaborativo e de coordinción que chamou a atención de todos.
Deixamos aquí esta pequena reportaxe para que o poidamos recordar:


viernes, 4 de noviembre de 2011

Concerto "B vocal"

O día 25 de novembro varios cursos do CEIP. SAN MARTIÑO fomos ao Pazo da Cultura para ver e escoitar ao grupo B. Vocal. Foi a primeira saída que fixemos este curso e que nos gustou moito. Xa sabiamos que este grupo actuara por todo España e que estivera na T.V.E. no programa “El Conciertazo”.
Contaron a historia da música a través da voz. Facían música sen instrumentos; so coa voz facían o son da batería, a guitarra eléctrica ou o contrabaixo.Cantaban segundo a súa voz, no escenario estaban de esquerda a dereita voces aguda, voces medias e voces graves. Facían moitas falcatruadas para nos divertir.
Comezaron polo home prehistórico que descubría o son e o ritmo case por casualidade. Logo dixeron que os gregos utilizaban a música, pero non sabemos con certeza como era porque non se conservan escritos.
Na Idade Media apareceu un canto eclesiástico chamado Gregoriano, en honor o papa Gregorio I . Tamén explicaron que no Renacemento as cancións máis populares eran os madrigais. Por estas datas aparece a polifonía que é cando cantan varias voces xuntas, e fixeron a interpretación de “In the merry month of may”.
Despois no Barroco os homes “castrati” eran os que facían as voces de muller. Algúns dos grandes compositores desta época foron Mozart ou Haendel. Nesta época apareceu a ópera e a música de cámara.
No Romanticismo do século XIX compóñense as obras máis belas da historia da música.
A continuación explicaron algúns estilos populares do outro lado do Atlántico: Jazz, o Blues o Raptime...
Máis preto de nós no século XIX, apareceu a música popular actual : o Rock and Roll e o grupo máis famoso os Beatles, xuntos cantamos Yesterday.
E por último a Música disco, o Heavy Metal e o Rap, dos anos 80.
Ao final o grupo despedíronse cantando “Antes de ver el sol “ con nós que a sabiamos todos.
!!!Cantamos, bailamos e pasámolo estupendamente.!!!

Alumnado de 6º