Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

miércoles, 30 de noviembre de 2011

AS AVES DA CIDADE: CHALA PROXECCIÓN CON FEDERICO DE LA PEÑA

O xoves día 24, tivemos na nosa biblioteca a presentación do documental Veciñas do Aire: un estudio das aves silvestres na cidade de Pontevedra feito por Federico de la Peña e patrocinado polo Concello de Pontevedra. Estamos moi contentos de que nos elixira o nós para iniciar a presentación nos colexios.

A narradora do documental é a cidade de Pontevedra e di cousas moi interesantes. Segundo un estudio feito polos ingleses cantas máis aves silvestres habiten unha cidade maior é a calidade de vida desa cidade. En Pontevedra hai unhas 134 o que é un número moi alto.

Federico investigou en cinco sitios diferentes da cidade. Empezamos vendo as aves da Illa do Cobo ou das Esculturas  que máis que un museo é un dormitorio de aves: pegas, cisnes parrulos e outras son felices alí.

 A xunqueira de Alba é un ecosistema vital para moitas; patos salvaxes, garzas e galiñas de río moi presumidas elas movendo a cabeza cara diante e atrás.

 A ría de Pontevedra alimenta a moitas coma o corvo mariño real que non ten graxa nas plumas e ten que poñerse ao sol a secar.

 O río dos Gafos é o fogar da gaivota chorona ou o tordo común que  engaiola coa excelencia do seu canto.

No casco urbano contaron máis dun cento de gaivotas e outras  máis: rulas turcas, pardais, papo roibos, merlos, xílgaros. Curuxas e ave laionas nos arredores do cemiterio. Remata dicindo que non estamos solos na nosa cidade que sempre estamos vixiados por algunha ave e que hai que  querelas e sentirse orgullosos delas.

Cando rematou o vídeo lle  fixemos preguntas e respondeu a todas. 


P.- Cal é a túa ave favorita?

R. -Todas teñen a súa beleza, unha das que máis me gusta é o tordo, que xa era a favorita de meu pai, gústame polo seu marabilloso canto e pola habilidade que ten para romper as cascas dos caracois contra as pedras.

P- Como conseguiches facer o documental sen que se escaparan ?

R- A veces camuflándome en casetas e, con moita paciencia; para poder gravar os xílgaros na rúa de San Antoniño tiven que estar subido a unha grúa varios días metido nun cesto e pasando moita calor. Tamén teño que agradecerlle a moitos veciños que me permitiron gravar dende os seus balcóns e ata subir aos tellados das súas casas.  

 P- Cal foi o documental máis difícil que fixeches?

 R- Foi este Veciñas do Aire que me levou dous anos completos sen poder ter vacacións nin fins de semana libres.

P- Se che gustan tanto as aves non te estrañou que as gaivotas comeran os pitiños dos niños próximos?

R- Sorprendeume moitísimo comprobar que as gaivotas son aves caníbales e deume moita pena .

P- Que che gusta máis de ser naturista?

R- Observar aos animais, ser un espía da natureza, facer documentais e despois vir aos colexios para que vós os coñezades e saibades respectalos.

Para o remate da charla tíñanos unha sorpresa amosounos unha rata actriz  que xa ten actuado en anuncios como o do Ratibrón e nalgunhas outras películas, e como inda non tiña nome a bautizamos co nome de Martiño.

E inda antes de marchar tivo a paciencia de asinarnos autógrafos.

Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

No hay comentarios: