Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

viernes, 4 de noviembre de 2011

Concerto "B vocal"

O día 25 de novembro varios cursos do CEIP. SAN MARTIÑO fomos ao Pazo da Cultura para ver e escoitar ao grupo B. Vocal. Foi a primeira saída que fixemos este curso e que nos gustou moito. Xa sabiamos que este grupo actuara por todo España e que estivera na T.V.E. no programa “El Conciertazo”.
Contaron a historia da música a través da voz. Facían música sen instrumentos; so coa voz facían o son da batería, a guitarra eléctrica ou o contrabaixo.Cantaban segundo a súa voz, no escenario estaban de esquerda a dereita voces aguda, voces medias e voces graves. Facían moitas falcatruadas para nos divertir.
Comezaron polo home prehistórico que descubría o son e o ritmo case por casualidade. Logo dixeron que os gregos utilizaban a música, pero non sabemos con certeza como era porque non se conservan escritos.
Na Idade Media apareceu un canto eclesiástico chamado Gregoriano, en honor o papa Gregorio I . Tamén explicaron que no Renacemento as cancións máis populares eran os madrigais. Por estas datas aparece a polifonía que é cando cantan varias voces xuntas, e fixeron a interpretación de “In the merry month of may”.
Despois no Barroco os homes “castrati” eran os que facían as voces de muller. Algúns dos grandes compositores desta época foron Mozart ou Haendel. Nesta época apareceu a ópera e a música de cámara.
No Romanticismo do século XIX compóñense as obras máis belas da historia da música.
A continuación explicaron algúns estilos populares do outro lado do Atlántico: Jazz, o Blues o Raptime...
Máis preto de nós no século XIX, apareceu a música popular actual : o Rock and Roll e o grupo máis famoso os Beatles, xuntos cantamos Yesterday.
E por último a Música disco, o Heavy Metal e o Rap, dos anos 80.
Ao final o grupo despedíronse cantando “Antes de ver el sol “ con nós que a sabiamos todos.
!!!Cantamos, bailamos e pasámolo estupendamente.!!!

Alumnado de 6º

No hay comentarios: