luns, 29 de outubro de 2012
RECOLLIDA DE COGUMELOS NO LAGO DE CASTIÑEIRAS
O pasado domingo, día 28 de outubro a ANPA do CEIP San Martiño realizou una saída ao coñecido monte de San Xulián, no que se atopa o Lago de Castiñeiras, para levar a cabo unha recollida de cogumelos, actividade típica do outono, no que participaron moitas familias do centro, aprendendo moito sobre micoloxía e disfrutando ao tempo de momentos de lecer compartidos.
Deixamos aquí esta reportaxe gráfica, cedida por unha das familias participantes, e aproveitamos para felicitar dende Salcedoteca esta iniciativa cultural e lúdica, que serve para incrementar o coñecemento e fomentar o respecto e interese polo medio ambiente natural.
Por último, dicir que se atopa neste momento no centro unha exposición cos cogumelos recollidos, para que todas as familias, que así o desexen, a apoidan visitar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario