Alumnado de 5º.
luns, 10 de decembro de 2012
PARTICIPAMOS NO CULTURGAL
Foi a mellor saída que tivemos porque puidemos engadir un pequeno gran de trigo a esa grande feira da Industria Cultural Galega que se celebrou en Pontevedra.
O alumnado de 5ºe 6º curso, tivemos a sorte de facer un obradoiro de cabezóns co fabuloso artista que é Inacio Vilariño, empezamos a facelos no colexio e logo rematamos de pintalos alí no Culturgal. Unha vez rematados participamos no desfile xunto con outros coles e a banda de música que inauguraba a feira.
Foi moi divertido porque tiñamos que ir bailando ao son da música co cabezón posto na cabeza, Inacio ía diante nosa cun cabezón moi grade. Ata saímos no Telexornal.
Logo fomos a un concerto cos músicos, onde nos deron algunhas chuches e tamén aproveitamos para merendar.
Despois fomos ver todo o que había pola feira que eran moitos postos: de libros, obras de teatro, discos, programas de televisión... Déronnos a todos moitos marcapáxinas, algúns libros e varios discos.
Viñemos moi contentos, oxalá poidamos volver outro ano!
Alumnado de 5º.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario