Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 26 de marzo de 2012

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
Este ano celebramos este día dun xeito moi especial.
Primeiro lemos e debuxamos poesías que despois pegamos no mural do vestíbulo do colexio, que nos quedou moi bonito. Despois fomos á biblioteca onde había a presentación do libro: Poemas con Piruleta, que fixeron algunhas alumnas de 6ªcurso: Ana, Elia, Lara, Laura e Raquel. Foi unha presentación preciosísima porque nos falaron do libro e de que coñeceran ao autor, que é Carlos Fontes no Culturgal cando foran pintar os graffitis que agora están no colexio. Foi alí onde  dedicou o libro a nosa biblioteca.
O máis bonito é que mesturaron os poemas con música, cantaron algunhas cancións como A saía de Carolina e tocaron varios instrumentos. Elia deixounos abraiados co son do seu violín e as demais nenas do ben que tocaron as frautas.
Raquel escribiu para a presentación: ”Carlos Fontes é un poeta que vive en Pontevedra. Recibiu varios premios de poesía. Poemas con Piruleta son bonitas poesías para aprender o solfexo, cantas cores hai no mundo, como se chaman as árbores e as letras ... Carlos é moi divertido e rimos moito con el, tamén nos prometeu que cando sacara outro libro viría aquí ao colexio e nolo amosaría.”
Gustounos moitísimo a todos, por eso nos pareceu que durou pouco.
  

Ningún comentario: