Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 8 de novembro de 2012

UNHA NOITE DE SUSTOS

A noite era escura. Eu coloquei a miña caveira nunha encrucillada de sete camiños e, cando xa me marchaba, apareceu polas miñas costas un esqueleto, ao mirar para atrás: Meu deus!! Case morro do susto!!. Era o meu amigo Luís que para tranquilizarme díxome que non era ningún esqueleto.
 Despois os dous fomos á casa de Xiana.
Cando chegamos, chamamos á porta, que se abriu renxendo ela sola. Dentro estaba moi escuro.
 Con moito medo, asomamos un pouco as nosas cabezas para ver o que había no interior e...de repente a porta pechouse e empurrounos para dentro da casa. A escuridade era total. Escoitamos unha voz que dicía:

Son a pantasma branca e quérovos levar comigo!!! Seguídeme!!!

Tremelicando os dous seguimos aquela voz que nos levou pola escuridade ata o cuarto de Xiana, de súpeto, acendéronse as luces e apareceu Xiana co disfrazo de pantasma rindo a gargalladas do susto que nos metera.
- Imos agora á casa de Paulo?
-Preguntou Xiana. Nós dixemos que si porque xa nos estabamos divertindo con tantos medos.
Cando chegamos á súa casa chamamos á porta e quedamos a espera de que a porta se abrise a ver que sorpresa nos agardaba:
Entón unha sombra cunha corda na man apareceu no medio da porta e pouco a pouco íase achegando a nós,
Sen perder tempo botamos a correr canto nos daban as pernas.
Pasado un pouco escoitamos unhas risiñas , Era Paulo disfrazado de zombi.
Logo acordamos entre todos ir polas encrucilladas dos camiños asustando a todos os que andaban por fóra nunha noite tan perigosa.
                               Foi a noite de Samaín
                              máis divertida que vivín.
Texto:   Clara
Debuxo: Álvaro
5º Curso

Ningún comentario: