Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 2 de xullo de 2015

EXCURSIÓN A PADRÓN

EXCURSIÓN A PADRÓN 
   
O día dous de xuño todo o alumnado do Ceip San Martiño, agás os de 4º de Infantil, fixemos a excursión fin de curso a Padrón. Queríamos visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro porque é unha muller escritora moi importante. Gustounos moito a casa e a horta, inda está a figueira que plantou.
A continuación fomos ao Xardín Botánico Artístico, que ten mais de trescentas especies diferentes entre as que  destaca a árbore do amor ou a palmeira do Senegal, tamén está a estatua de Macías ,o Namorado, que foi un trobador nacido en Padrón…
Logo chegou o momento mellor do día, a hora da comida no Santiaguiño do Monte. Alí  cada un comeu o que levaba ou compartiu  a comida cos amigos, xantar de campo cos compañeiros e xogar libremente e sempre o mellor dunha excursión. 
Logo, pola  tarde, visitamos a Fundación Camilo  Xosé Cela, quedamos abraiados do cantidade de libros e cousas que se conservan e que nos deixou como legado este premio Nobel. Pasámolo moi ben porque había  monitores que nos facían xogos para aprender e buscar cousas que hai no museo.
Cando saímos merendamos nos xardíns da Fundación. E houbo unha sorpresa final; os xeados que foi buscar a profe Mercedes para todos. 
Regresamos ao colexio ás 7,30 da tarde . 
Foi unha excursión moi bonita na que o pasamos moi ben e  aprendemos moito. 
Gustounos todo.
            

Ningún comentario: