Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

mércores, 15 de outubro de 2025

SAÍDA DA CLASE DE 6º A RADIO PONTEVEDRA

 

Saída da clase de 6º a Radio Pontevedra.


O dia 14 de outubro o alumnado de de primaria do colexio fomos ás instalacións de Radio Pontevedra na rúa Castelao.


Recibíronnos amablemente, despois leváronos a unha pequena sala con moitas emisoras como: Los 40 Urban, Cadena 100, Cadena Dial, 40 Classic. Gustounos que sonara “Señor de la Noche” ..

Tamén nos explicaron como funcionaban as emisoras e déronnos consellos para facer radio como: non comer antes de falar, evitar tocar o micro, modular a voz, transmitir imaxes a través da palabra,...Tamén participamos nun programa de Radio en directo e entrevistamos ao conselleiro Demetrio Gómez.

Ao final agasalláronnos cunha bolsa que contiña: un boli, un caderno pequeno, unha cinta para o pulso e unha pegatina.

Foi un día especial! Xoel, Carlos Márquez, Saleta. 6º Primaria