martes, 26 de abril de 2016
XII SEMANA DA LECTURA
A LITERATURA POPULAR GALEGA
LUNS, 25 DE ABRIL
Para inaugurar a XII Semana da Lectura e tendo en conta que literatura e música están sempre relacioandas, decidimos presentar para todo o alumnado un concerto didáctico a cargo dunha exalumna deste centro NOELIA AMADO, que xunto con outro músico, ANTÓN GONZÁLEZ, nos explicaron os ritmos populares galegos, os instrumentos máis empregados no soso floklore popular, para finalmente agasallarnnos cunhas cantas pezas a ritmo de muiñeiras, jotas.... disfrutamos moito!!! Grazas aos dous por colaborar connosco nesta semana da lectura!
Foi para nós un orgullo ter aquí a unha das nosas alumnas, convertida xa en toda unha profesional......
A continuación houbo lecturas para tod@s! Comezaron a semana o alumnado de 3 anos, presentando o traballo da "Xoaniña", do que nos ofreceron un recitado e a continuación os de 1º de primaria contáronnos o conto de "Unha vella tiña un can..."
MARTES, 26 DE ABRIL
Conferencia a cargo de Rafael Quintía sobre "a mitiloxía galega: un mundo por descubrir".
En canto ás lecturas, actuación do alumnado de 6º de Infantil con Por que o abeto e o piñeiro conservan as súas follas no inverno? e 5º e 6º de Primaria cun documental sobre a literatura popular .
Roteiros didácticos a cargo de RAFAEL QUINTÍA, antropólogo, veciño de Salcedo e pai de Saínza de 3º de primaria. Foron 1º, 2º e 3º de primaria a visitar o Monte das Croas.
En canto ás nosas lecturas, actuou o alumnado de 5º de infantil , presentando a lenda do Gatipedro.
XOVES, 28
Roteiro cultural de San Martiño para alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Lecturas de 3º de Primaria co "Casamento da pulga e o piollo" e tamén con 2º de Primaria que presentou: "Lendas de Salcedo".
VENRES, 29
O alumando de 4º de Primaria contou dous contos, que foron: "A leiteira" e "O lobo sen rabo".
Por último, e para pechar a semana, os alumnos de 5º e 6º remataron conxuntamente o seu documental sobre "A literatura popular galega de tradición ora l(2ª parte).
martes, 5 de abril de 2016
VISITA Á GRANXA APÍPOLIS
O día 17 de marzo, o alumnado de Infantil e 1º
e2º de primaria, fixemos unha saída á granxa Apípolis en Xeve. Aprendemos
moitas cousas dun animal tan interesante como son as abellas. Eramos tantos que
tivemos que ir en tres autobuses. Cando chegamos xa nos estaban esperando
varios monitores, con eles, fomos rotando por distintos obradoiros.
Vestimos un traxe para entrar ao Apiarium, alí estivemos en contacto directo
coas abellas e non nos picou ningunha. Visitamos unha exposición onde vimos a
raíña da colmea, que é moito máis grande cas outras. Na cociña elaboramos unas galletas
de mel que estaban riquísimas. Tamén fixemos unha vela da cera e vimos a
maneira de sacar o mel das colmeas. Escoitamos un conto moi bonito e xogamos
mentres merendamos .
Pasámolo moi ben. Gustounos moito a vida das
abellas.
E como di o refrán popular : Onde hai mel hai abellas.
mércores, 9 de marzo de 2016
IMOS Á FEIRA
Este Antroido, no CEP. San Martiño, decidimos mergullarnos na cultura popular galega, e fómonos de feira.
Tivemos que nos disfrazar para a ocasión, e viñemos vestidos de campesiños. Houbo distintos postos. Por grupos fomos pasando por todos. Había o posto de
vender e comprar, o dos libros antigos, o de baile galego, outro no que había
un audiovisual en que vimos varias feiras, un taller de barro, un de confección,
outro de xogos populares, e o máis interesante un con animais. Había unha ovella
un año un galo unha galiña e un porquiño. O de este ano foi un Antroido moi
orixinal no que aprendemos moito sobre as feiras que foron un elemento da nosa
cultura popular.
venres, 18 de decembro de 2015
FELICES FESTAS!!!
Coa imaxe deste mural colectivo, confeccionado coa colaboración de todas as familias do centro, queremos desexarlles Felices Festas, cheas de paz e armonía, esperando que o Ano Novo veña cargado de sorte, alegría e moito ánimo para seguir cumprido entre toda a nosa comunidade educativa con ese gran obxectivo que é o de educar aos nosos nenos e nenas!
mércores, 16 de decembro de 2015
O NADAL CHEGA AO CEIP SAN MARTIÑO
O alumnado de 5º e 6º de Primaria confecciona centros de Nadal
Hoxe, xoves 10 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP San Martiño puido disfrutar dun obradoiro de confección de centros de Nadal, dirixido por Antonia, que colaborou altruistamente no obradoiro, que se celebrou no salón de actos do centro.
O alumnado traballou codo con codo e compartiu os materiais que puideron traer das súas casas: dende acivo ata unha sinxelas campaíñas ou boliñas de enfeite.
Os resultados foron uns preciosos centros de Nadal e por suposto a felicidade e o entretemento do alumnado.
( Texto elaborado por Carlos Matías Pires, na clase de lingua de 6º de primaria)
mércores, 4 de novembro de 2015
Volveu, o día do medo, o Samaín
Este ano celebramos dúas festas xuntas: O día das Bibliotecas que se festexa o 24 de outubro e o Samaín que é o día 31 .
Fixemos, coma outros anos, a actividade que titulamos o Contador que me Contas; que consiste en que as nenas e nenos dos cursos de 4º 5º e 6º van polas clases contando contos da biblioteca aos máis pequenos. Pero este curso aproveitamos que xa era moi pronto o Samaín, por iso, lles contamos contos de medo. Gustáronlle moito a todos. Nós, os que contamos, tamén o pasamos moi ben porque nos vestimos con disfraces dos personaxes dos contos.
Este Samaín foi moi divertido, trouxemos cabazas mais bonitas que nunca. O Comedor quedou precioso, coas cabazas acesas, e as luces apagadas quedando todo escuro.
Tamén houbo unha representación dun conto titulado Corre Corre Cabaciña, que non deu medo ningún pero que nos fixo rir . Por este dia son as profesoras e profesores os que fan de actores.
Inda que é o día das pantasmas.
VIVA O SAMAÍN!!!!!!
Fixemos, coma outros anos, a actividade que titulamos o Contador que me Contas; que consiste en que as nenas e nenos dos cursos de 4º 5º e 6º van polas clases contando contos da biblioteca aos máis pequenos. Pero este curso aproveitamos que xa era moi pronto o Samaín, por iso, lles contamos contos de medo. Gustáronlle moito a todos. Nós, os que contamos, tamén o pasamos moi ben porque nos vestimos con disfraces dos personaxes dos contos.
Este Samaín foi moi divertido, trouxemos cabazas mais bonitas que nunca. O Comedor quedou precioso, coas cabazas acesas, e as luces apagadas quedando todo escuro.
Tamén houbo unha representación dun conto titulado Corre Corre Cabaciña, que non deu medo ningún pero que nos fixo rir . Por este dia son as profesoras e profesores os que fan de actores.
Inda que é o día das pantasmas.
VIVA O SAMAÍN!!!!!!
Non vin vella nin velliña,
nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña.
corre corre, cabazón!
luns, 14 de setembro de 2015
AQUÍ CHEGA O CURSO 2015-16!!!
Damos un ano máis a benvida ao novo curso a todo o alumnado e ás súas familias, especialmente aos recén chegados ao noso centro.
Esperamos que este 2015-16 sexa ben levado e que poidamos cumprir co obxectivo máis importante que é o de formar e preparar aos nenos e nenas para seren capaces de ser libres e de sentirense felices nas moitas tarefas que a vida lles garda. Estamos convencidos de que así será, pois a condición máis fundamental de todas xa a cómpren: a de comezar motivados e contentos.
Senón miren esta reportaxe do primeiro día de curso, cedida amablemente polo avó de Carolina Abril de 5º de Primaria, unha das nosas alumnas. Dende aqui dámoslle as grazas por compartir este bonito recordo!!!
martes, 7 de xullo de 2015
FESTIVAL FIN DE CURSO E DESPEDIDA...
Todos tiñamos moitas ganas de que chegara este día. En primeiro lugar, porque é o día que empezan as vacacións, e logo, tamén nos dan as notas. Pero o que mais nos gusta é actuar no Festival Fin de Curso. Sobre todo despedir o curso bailando, chega o verán e todos temos ganas de festa, fixemos moitos bailes...
Puxémonos
unha miguiña tristes cando despedimos aos de sexto curso, que se van para o Instituto. Os profesores entregáronlles as orlas, e eles fixeron unha despedida moi bonita.
Viñeron as nosas familias a vernos, o cal nos gusta
moito.
Todos os cursos o fixeron moi ben como veredes nas
fotos.
Feliz Verán!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















