Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 30 de outubro de 2014

CONTO DE MEDO + EXPOSICIÓN DE CABAZAS = TERROR ASEGURADO

E así celebramos este ano o Samaín 2014.

CÓNTAME UN CONTO...
Para nós ir á biblioteca é unha festa todo o curso, mais no mes de outubro, por ser o 24 O Día das Bibliotecas, celebrámolo de maneira especial. Dende xa fai anos, facemos  unha actividade titulada: CÓNTAME UN CONTO,  que consiste en que  o alumnado máis grande do colexio, en concreto, os cursos 4º, 5º, e 6º  cóntanlles un conto ao resto, que son os pequenos de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

Os preparativos  teñen que empezar con tempo, porque hai que facer os grupos de contadores, elixir os contos que se han de contar, traducilos ao galego  se están noutra lingua e despois ensaiar.

Os recreos e as horas da ler convértense por uns días en aulas de teatro para que os contos estean listos para o día que toca a contada.

Así durante estes días, saíron a pasear  polas aulas, corredores e biblioteca do colexio: a Carapuchiña cos Tres Porquiños e os dous lobos, Os Músicos de Bremen , O Gato con Botas e  Hansel e Gretel  todo aderezado cunhas Fabas Máxicas . Non faltaron personaxes de nova creación  inventados polo alumnado de 6º de Primaria  como: A Princesa do Século XXI e  tamén A Banda de Inimigos .

Que ben o pasamos estes días,  gozando de contar e escoitar contos, os contadores son tan aplaudidos polo público, que sempre teñen que repetir a contada, unha e ata dúas veces ou máis.

Vivan  os contos!!!!

Vivan as bibliotecas !!!!!

domingo, 26 de outubro de 2014

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS


A vida dunha Biblioteca nin se imterrompe nin remata nunca: sempre está a dar vida aos libros e ás lecturas...
 
Este mes de Outubro, de forma especial, está traballando para celebrar o mes das Bibliotecas, por iso hai moita actividade no colexio.
Estes días precisamente rematouse  un mural colectivo no pasillo inferior, no cal participou todo o alumnado.
Inspirándonos no modelo da árbore da vida de Gustav Klimt, deseñamos una composición titulada A árbore dos libros. Cada lectura recordada de forma particular por parte dos nosos alumn@s e profesor@s foi plasmada nas follas desta árbore tan esepcial.
 
Quedará connosco durante un tempo para que poidamos con ela rememorar grandes momentos de lecturas...
 

 

xoves, 26 de xuño de 2014

Relación de libros de texto do CEIP San Martiño para o curso escolar 2014/15

Lembrámoslles que visitando a web do Centro, no apartado de Secretaría, ou clicando aquí poderán acceder á relación de libros de texto do CEIP San Martiño para o curso escolar 2014/15.

martes, 24 de xuño de 2014

E ASÍ DESPEDIMOS O CURSO 2013-14....

Queda aquí para o recordo de tod@s estas imaxes, feitas no centro o día do festival fin de curso, así como unha reportaxe gráfica que nos cedeu amablemente o pai de Raquel García, unha das nosas alumnas de 4º de Primaria. Dámoslle as grazas por compartir con tod@s o seu traballo!
Sen máis,  Felices Vacacións, bo descanso e aquí vos esperamos o próximo curso!



xoves, 15 de maio de 2014

X SEMANA DA LECTURA
 O UNIVERSO
LUNS, 12


MARTES, 13
MÉRCORES,14
XOVES, 15
VENRES, 16

luns, 5 de maio de 2014

SEGUIMOS APOSTANDO POLO CORRELINGUA...


O luns, día 5 de Maio, o alumnado de 4º e 5º curso, baixo o lema “Galego, o paso adiante” percorrimos as rúas do casco histórico de Pontevedra cun dorsal que levaba unha palabra en galego, para así animar a todas as persoas a falar na nosa lingua.
Logo na praza da Ferrería, escoitamos o manifesto que escribiron os nenos e nenas dun instituto de Sada e vimos a actuación dun grupo moi marchoso chamado“Superoito”.
O mellor foi que nos deron un diploma por participar e varios libros de agasallo.
Ao final cada cole soltou un gran globo co nome do seu centro e todos foron subindo como se foran os planetas movéndose polo universo.
¡¡¡¡Viva a nosa lingua!!!!!!



luns, 28 de abril de 2014

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA O SALÓN DO LIBRO

martes, 25 de marzo de 2014

COCIÑANDO CONTOS NO XV SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA

O pasado luns, día 24 de marzo fixemos a nosa visita ao Salón do Libro de Pontevedra que este ano leva por lema "Cociñando Contos".

O noso Centro  aparte de visitalo,  tamén contribuíu  con varios proxectos, como por exemplo   "Os clásicos larpeiros", " Cocido na selva"... que se elaboraron no centro entre o alumnado de Infantil e Primaria.

              ANÍMATE CON GLORIA FUERTES...
...E moito rimos coa animación do contacontos sobre o libro que lemos nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria sobre a historia de Hércules, cando un día coñeceu a Gloria Fuertes e esta lle contou a súa vida e de como chegou a escribir libros para nen@s.