Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

domingo, 24 de xaneiro de 2010

Asistimos ao Pleno Municipal


O pasado venres 22 de xaneiro, @s alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un pleno da Corporación Municipal do Concello de Pontevedra. Esta actividade enmárcase dentro noso proxecto de Biblioteca, que este trimestre se centra no estudo da cidade.

Ao longo da sesión plenaria, @s alumn@s escoitaron con atención ás intervencións dos concelleiros e tomaron notas para realizar un traballo sobre a visita. Ademais, puideron vivir en primeira persoa o despliegue de medios informativos que se produce en este tipo de eventos. De feito, varios alumnos e alumnas foron entrevistados polos distintos medios de comunicación presentes, como a Televisión de Galicia, Localia, Radio Pontevedra ou o Faro de Vigo.

Queremos expresar dende aquí o noso agradecemento a todas as persoas que dende a Corporación Municipal colaboraron para facer realidade esta visita de indudable valor pedagóxico e formativo, xa que permitiu aos rapaces e rapazas familiarizarse coas competencias e formas de funcionamento democráticas da Administración Municipal.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Ningún comentario: