Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

jueves, 20 de octubre de 2011

Azur e Asmar

COMEZAMOS O 1º PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O primeiro proxecto de investigación do 1º trimestre deste curso escolar titúlase: 12 + 1, MEIGAS FORA!!, coincidindo coa temática do “XIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil” de Pontevedra.

Para achegarnos ao tema das SUPERSTICIÓNS e das CRENZAS POPULARES, @s nen@s de 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria desfrutaron da película de animación de Michel Ocelot, “AZUR E ASMAR” (2007), director de “Kirikú y la bruja” e “Kirikú y las bestias salvajes”. Na mesma aparecen reflectidas algunhas supersticións que aínda seguen presentes hoxe en día.

AZUR E ASMAR” é ante todo unha fábula sobre a TOLERANCIA. É unha historia de RESPECTO A OUTRAS CULTURAS que comeza así ...

Azur e Asmar son dous nenos que foron criados en Francia coma se fosen irmáns, pero son moi diferentes. Azur é fillo dun nobre rico. É louro e ten os ollos azuis. Asmar é fillo da ama de cría da familia. É pobre, o seu pelo e os seus ollos son negros. Os nenos medran xuntos, pelexándose e amándose coma se fosen irmáns, pero a vida sepáraos bruscamente...

Na Biblioteca temos un LIBRO FERMOSÍSIMO titulado “En tiempos de Azur y Asmar”, recomendado especialmente para nen@s de 5º e 6º de Primaria. Coa súa lectura poderán descubrir que a época na que se desenvolve “Azur e Asmar” foi un periodo brillante da Idade Media. Durante este tempo a civilización islámica, os musulmáns, xudeos e cristiáns convivían en tolerancia nunha sociedade próspera, chea de esplendor e onde intercambiaban ideas, textos e coñecementos.

Despois de ver “AZUR E ASMAR”, podes realizar esta actividade LIM para comprobar se realmente gozastes desta fermosísima película. Tedes que pinchar neste enlace ou na imaxe da ventá da dereita para poder comezar a actividade.

No hay comentarios: