Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

mércores, 5 de febreiro de 2014

DIA DA PAZ 2014
O 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz, realizando varias actividades que se compartiron con todo o alumnado do centro.
Destacamos a figura do inolvidable Nobel da Paz, Nelson Mandela, recentemente falecido e que nos deixou unha lección de loita, de perseverancia e de nobleza na búsqueda constante da verdade e da xustiza para os seus e para o seu país. Con el aprendemos a reflexionar sobre cuestións relacionadas coa paz, co crecimento persoal e coa importancia de ser auténticos e honestos no camiño da vida.
Quedaron reflectidas moitas das súas sabias frases nun  mural colectivo, que fixemos entre todos e que está exposto no pasillo inferior do centro.
Asistimos tamén ao relato dun conto do célebre Giani Rodari, que se titulaba Xaime de cristal, e que foi relatado pola profesora Mercedes Escudero, acompañado dunha proxección de diapositivas.
Xaime, o protagonista deste conto, ten moito en común coa figura estudiada de Nelson Mandela, pois el tamén nos trae a mensaxe de que a verdade é máis forte e poderosa que calquera outra arma para conseguir a paz no mundo.
Ao final rematamos as actividades deste día dun xeito festivo cantando entre todos cancións, que falaban sobre a paz e  que tiñamos ensaiado nas aulas.

Ningún comentario: