Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 27 de febreiro de 2015

O ENTROIDO 2015 ADICADO ÁS MULLERES SUFRAXISTAS!



Esta marabillosa festa, que se celebra todos os anos, é unha das nosas festas preferidas.  Encántanos porque mestura tres cousas que nos gustan: sen cole, disfrazarse, e saír cos teus amigos de festa.  E isto mesturado é: saír cos teus amigos disfrazados de festa sen cole. Que máis se pode pedir?
O entroido celébrase en moitos sitios, pero en Pontevedra temos algo moi especial:  Ravachol. Trátase de que hai moito tempo había un loro moi gracioso porque, na botica na que estaba el falábase moito de política, e cada vez que pasaba alguén, dicía algúns insultos que escoitara; o caso é que morreu en carnaval.  A partir dese día celébrase unha especie de “cerimonia”. Consiste en que todo home e muller vaia vestido de viúv@, e que miren a unha réplica en grande de Ravachol que sempre pon algo. Por exemplo, o outro ano foi vestido dun señor cunha tesoira como se estivesen facendo recortes. Nunca se sabe de que vai ir vestido ata o día en que se expón e se queima.
No colexio celebrámolo todos os anos. Este ano, o tema do entroido foi “As  Sufraxistas” , xa que foron moi importantes: foron mulleres que loitaron polo voto feminino e os dereitos da muller.
Para asistir ao colexio ese día tiñamos que ir con saia, tanto os nenos como as nenas.  Algúns nenos protestaban e dicían: “Iso é unha tontería, eu non penso levar saia“. Ao final, tanto os que se queixaban como os que non, fomos cunha saia longa.
Pasámolo moi ben xa que había oito talleres diferentes. Cada un  tiñamos una escarapela dunha cor diferente e, por exemplo, todos os que tiñan escarapela azul, tiñan que ir xuntos de obradoiro en obradoiro: de confección, de  maquillaxe, de plástica, de música (onde bailamos un baile daquel tempo),  cine (onde vimos una parte da película Mary Poppins), na biblioteca explicáronnos máis cousas sobre as mulleres sufraxistas, na aula de informática os máis maiores tivemos que axudar aos máis pequenos por se necesitaban axuda nalgún xogo e, no comedor, fixemos xogos relacionándoos co tema.
Foi un día moi atarefado e diferente, pero, aínda así,  pasámolo xenial!!!
                                                                               Alumnado de quinto


Ningún comentario: