Se queredes ver máis fotografías, pinchade aquí. |
sábado, 26 de xaneiro de 2019
PLAN DIRECTOR NO CEIP SAN MARTIÑO
Este venres 25 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria participou no Plan Director impartido pola Policía Nacional.
Este Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas sobre temáticas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías, etc.
Desta maneira, ponse de manifesto o compromiso da Consellería e dos centros coa construción dunha sociedade tolerante e democrática.
Por este motivo, recibimos a visita dun dos policías que imparten as charlas deste Plan. O tema en concreto foi o Acoso Escolar, mais coñecido como Bullying.
En primeiro lugar, Roberto (un dos policías) explicoulle ao alumnado, a través dunha presentación en Power Point, ideas precisas sobre o tema, dando pistas claras para que os nenos e nenas puideran identificar este tipo de situacións. O alumnado involucrouse e interactuou con Roberto, xurdindo o longo da charla multitude de cuestións que foi resolvendo puntualmente. Tamén lles falou do ciberacoso e das redes sociais.
Para rematar, ensinoulles un vídeo dunha situación real de acoso nun centro educativo que serviu de exemplo de toda a charla. Posteriormente, xerouse un interesante debate onde todo o alumnado participou de maneira activa e interesada.
Ademais, repartiron un tríptico a cada neno e nena con diferente información que aquí vos ensinamos.
Dende o CEIP San Martiño, queremos agradecer a implicación á Policía Nacional para dar a coñecer esta problemática actual.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario