venres, 22 de febreiro de 2019
UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO CEIP SAN MARTIÑO.
Este mércores 20 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unha visita moi especial: o escritor e ilustrador ANXO FARIÑA!
Anxo Fariña visitou o noso colexio da man do Faro de Vigo. O obxectivo principal da visita foi achegar ao alumnado a súa obra e ensinarlles a súa faceta de ilustrador e escritor. Os nenos e nenas traballaran na clase previamente coas distintas coleccións como "Megatoxos" ou "Pelelliños", investigando sobre a súa biografía.
Faloulles de forma moi próxima sobre os seus comezos como escritor, facendo unha demostración do fácil que pode ser ilustrar unha historia partindo de algo tan sinxelo como unha caixa de cartón. Contoulles que para él, o importante é que os seus debuxos expresen sentimentos, de aí a súa sinxeleza.
Moitas veces, ao finalizar a lectura dunha obra, xórdennos dúbidas e curiosidades que soamente o propio autor podería desvelar. O alumnado tivo a gran oportunidade de resolvelas nunha rolda de preguntas!
Despois desta agradable charla, Anxo Fariña asinoulles os libros para que o alumnado levase un bonito recordo deste encontro. Así, moitos nenos e nenas quedaron con ganas de ler máis obras deste autor, facendo desta maneira, que a Bibliotca cumpra co seu papel de promover o gusto pola lectura.
Que ben o pasamos! Volve pronto, Anxo!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario