Para ver todas as fotografías, facede click aquí. |
xoves, 4 de abril de 2019
E CHEGOU O DÍA! VISITAMOS O XX SALÓN DO LIBRO!
Chegou o día! O xoves 28 de marzo o alumnado de Educación Infantil e 4º de Educación Primaria gozou dunha visita ao XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, dedicado este ano a Revolución.
Ao chegar recibiunos Orbil, a mascota do Salón do Libro. Os nenos e nenas do C.E.I.P. San Martiño tiñan moitas ganas de volver a velo!
Alí fixemos un montón de cousas:
-Sesións de contacontos con Tareixa Alonso e Andrea Bayer. Escoitamos contos como "A pota que trota", "Sultán", "Rey y Rey", "Andrés Cabeza Abaixo", "Dora a galiña poñedora", "Os tres porquiños"... Este último representado por Lía, Carlos e a mestra Ángeles! Pasárono xenial sendo eles os protagonistas!
-Obradoiros coa ilustradora portuguesa Margarida Botelho, onde crearon un boneco con arame, cubrindoo con cinta adhesiva de papel.
-Visitas guiadas polas instalacións onde nos contaron historias como a do Galo de Barcelos de Portugal, a primeira muller que foi policía ou a primeira muller en pilotar un avión; e incluso bailamos coas poesías de Antonio García Teijeiro.
Tamén vimos onde estaban expostos os nosos traballos. Convidámosvos a que pasedes a velos!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario