mércores, 24 de abril de 2013
APRENDEMOS MÚSICA CON MARÍA E NOELIA...
María e Noelia Amado Corbacho dúas exalumnas do centro , viñeron o luns, día 22 de abril a dar unha charla aos nosos alumnos sobre os instrumentos musicais.
María e Noelia son dúas músicos profesionais. María é trompista e Noelia toca a trompeta. Estudiaron no Conservatorio de Música de Pontevedra e actualmente tocan na Banda de Música de Beade en Vigo.
Felicitámolas pola súa intervención e dámoslles as grazas por atender tan amablemente a nosa invitación de vir ao centro.
E REMATAMOS CUN CONCERTO DIDÁCTICO...
Para rematar esta parte didáctica e de aprendizaxe musical, hoxe, mércores 24, tivemos a sorte de contar cun quinteto de metal madeira formado por Eva Campos, clarinete; David Lede, clarinete; Alejandro García, frauta traveseira; Gonzalo Lemos, fagot e Luis Enrique Castro, percusión.
Foron acompañados por María Amado Corbacho, quen organizou tanto a parte teórica como a que presentou a este quinteto no centro para dar o concerto.
Foi impresionante escoitalos como músicos e moi ameno escoitalos como ponentes, xa que as súas explicacións, moi claras e sinxelas, serviron para non só manter todo o termpo a atención do alumnado, senón que aprenderon, dunha forma divertida, moitísimas cousas sobre a música.
Felicitacións a este maravilloso quinteto e felicitacións especiais a María e á súa irmá Noelia, queridas alumnas que o foron deste centro, pola profesionalidade como músicos e pola súa capacidade para comunicar co alumnado, transmitíndolles o interese e a emoción que produce a música!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario