mércores, 8 de maio de 2013
PARTICIPAMOS NO CORRELINGÜA
O alumnado dos cursos de 3º, 5º e 6º participamos no Correlingüa que se celebrou en Pontevedra o día 6 de maio.
O Correlingüa é unha carreira para invitar aos nenos e nenas de toda Galicia a que utilicemos o noso idioma, o galego. Cada día do mes de maio percorre unha vila ou unha cidade galega.
En Pontevedra, outros anos, faciamos o percorrido pola zona antiga da cidade, o que era mais divertido, pero este ano como chovía tivemos que ir ao recinto feiral e celebralo alí.
Tamén o pasamos ben; porque estivemos con nenos e nenas doutros coles e ademais vimos algunhas animacións : un dragón que botaba auga pola boca, un afiador coa súa roda..
Escoitamos o manifesto que leron os do IES de Pontecaldelas. Cantamos, bailamos e comemos unhas mazás moi ricas que trouxeron os do colexio Marcos da Portela.
Por último nos deron un lote de libros para o colexio e un globo que soltamos á saída.
Viva o galego!!!.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario