Foi moi bonito.Recomendamos que leades moitos contos de todo tipo, mais os clásicos deben ser sempre os primeiros, porque son os pais e nais dos demais contos.
xoves, 31 de outubro de 2013
OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS
No Ceip San
Martiño, o mes de outubro foi todo un mes dedicado á Biblioteca, que este ano
destinamos a repasar os clásicos.
Empezamos cunha exposición na Biblioteca de contos
clásicos para motivar a ler sempre estes libros que son fonte de cultura. Despois nas aulas seguimos facendo exposicións con
libros que os propios alumnos trouxeron das súas casas ademais durante este mes sempre lemos clásicos na hora da
lectura.
Rematamos cun grande festival de contos, onde os maiores de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
contáronlles contos aos máis pequenos. Polo colexio eses días puidemos ver un
montón de personaxes de contos: Os sete cabritos e o lobo, Os soldadiños de
chumbo, Os tres osos, A cincenta, A casiña de chocolate, A leiteira. E un
pazo oriental ambientado, nas Mil e Unha Noites, con Sherezade e Aladino con
música de Rimsky –Korsakov. Os días 23 e 25 na hora da lectura todo o colexio
se trasladou ao país dos contos.
Foi moi bonito.Recomendamos que leades moitos contos de todo tipo, mais os clásicos deben ser sempre os primeiros, porque son os pais e nais dos demais contos.
Foi moi bonito.Recomendamos que leades moitos contos de todo tipo, mais os clásicos deben ser sempre os primeiros, porque son os pais e nais dos demais contos.
Vivan os contos!!!
Vivan as Bibliotecas!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario