O venres, 4 de outubro, as nenas e nenos de 1º e 2º visitamos unha exposición sobre o Neolítico. Recibiunos unha guía que se chamaba Ana. Contounos moitas cousas sobre os homes e as mulleres da Prehistoria. Primeiro, vivían en cavernas, despois construíron cabanas de barro con teitos de palla. Ana mostrounos como cazaban con arcos e frechas.Tamén nos ensinaron cómo facían lume frotando dúas pedras. Na exposición vimos como confeccionaban a roupa coa pel dos animais. Ana explicounos nuns debuxos cómo os homes e mulleres do Neolítico descubriron a agricultura e cómo aprenderon a domesticar algúns animais como: as ovellas, os cans lobos, os cabalos...e así deixaron de andar dun lugar a outro buscando alimentos.Sorprendeunos que enterraran aos seus mortos baixo a terra das súas cabanas.
Gustounos moito a exposición!!
Volveremos cos nosos pais!!
Tamén aproveitamos para visitar unha exposición titulada "Por fin xa son maoir" da Fundación Novagaliciabanco, adicada aos avós e que amosaba as actividades tan diversas que nesta idade se poden levar a cabo. Quedamos abraiados da enerxía que teñen e das moitas cousas que nos poden aportar a nós, dende a súa experiencia e sabiduría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario