F E L I C E S F E S T A S !!!
Con este mural colectivo, que fixemos entre todas as familias do CEIP San Martiño, queremos desexarlles Felices Festas, cheas de alegría, paz e moita armonía.
Nos días previos, realizamos moitas actividades para celebrar as Festas. Decoramos a nosa entrada, corredores e clases. Temos un precioso Belén que vos queremos ensinar!
|
Podedes ver todas as fotos pinchando aquí. |
Nos últimos días nas aulas aproveitamos para facer manualidades, talleres de cociña do Nadal, merendas...
O alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou "Magdalenas con corazón de amorodos e chocolate branco" e "Galletas mariñeiras, queso, cenoria e perexil.
Tamén tivemos unha visita moi especial: a visita de Papá Noel! Moitas grazas á ANPA do Centro por traelo ata aquí... Queremos compartir con vós as cariñas que se lles quedaron ós pequenos con este vídeo:
Facendo clic aquí podedes ver toda a reportaxe fotográfica.
O venres, 21 de decembro, celebramos o noso FESTIVAL DE NADAL no salón de actos decorado cun mural no que colaborou cada alumno coa súa árbore de Nadal. Foi un acto moi bonito no que se combinaron cancións, bailes, risas e diversión.
O alumnado de Educacion Infantil cantou unha panxoliña que se titula "Todos xuntos imos a Belén".
Os nenos e nenas de 1° e 2° de Educación Primaria cantaron "Que levas pastor no teu vello zurrón?"
Os alumnos e alumnas de 3° e 4° quixeron arrolar ao neno cunha poesía de Celso Emilio Ferreiro musicada por Suso Vaamonde que se titula "Baixo os tellados da noite".
O alumnado de 5° de Educación Primaria interpretaron coa frauta un canon a dúas voces.
O alumnado de 6° de Primaria interpretou coa frauta e con acompañamento dos xilófonos o "Jingle Bells".
Rematamos o noso festival cantando todos xuntos unha panxoliña que aprendeu todo o alumnado.
Quedamos abraiados co traballo destes nenos e nenas. Pero non foi casualidade! Houbo moito esforzo, practicando moitas horas coa mestra de música e relixión.
Así, foi unha boa oportunidade para poñer en práctica a nosa competencia lingüística dunha maneira moi divertida para o alumnado.
Por todo iso queremos que vexades o resultado! Esperamos que vos guste!
Poden ver o vídeo do FESTIVAL DE NADAL pinchando no seguinte enlace.
Con estas actuacións do alumnado... todas as personas que traballamos no colexio desexámosvos un Bo Nadal e unhas Felices Festas.
Que o esforzo e a ilusión compartida sexan o propósito do noso día a día.
Para ver todas as fotografías e algúns vídeos do festival, pinchade aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario