Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 17 de decembro de 2018

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA!

Visitar museos resulta realmente importante, xa que a través de estas interaccións estase en contacto coas distintas culturas que existen, a historia de cada recuncho do mundo e tamén dan a  posibilidade de comunicarnos a través das manifestacións artísticas.  
Por todo isto, fixemos distintas visitas ao Museo de Pontevedra  con  propostas didácticas que vos imos amosar a continuación! 

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil realizamos o xoves 13 de decembro a actividade chamada “pensARTE”, onde fixemos unha serie de tarefas a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea.
Algúns dos aspectos que traballamos foron: a expresión das emocións a través das cores, as formas xeométricas, o espazo, o desenvolvemento da imaxinación ou as diferentes técnicas empregadas nas diferentes obras (como cadros pintados con area, cordas...).
Comezamos a nosa visita escoitando música cos ellos pechados. O guía preguntounos que nos suxería esa música e a relacionamos cos diferentes cadros de Arturo Souto Feijoo expostos no museo, como "Máscaras africanas" ou "Composición".

Tivemos que adiviñar instrumentos que aparecían nos cadros a través da música e aprendemos a apreciar as distintas maneiras en que os artistas perciben o mundo! Vimos o cadro "Acordeón I" de Luis Caruncho Amat a través ducha fechadura!
Coñecemos diversas obras de Leopoldo Nóvoa García (artista galego de maior proxección da súa xeración), como o óleo sobre lienzo que ofrece a singularidade de estar pintado polas dúas caras. "Vendedor ambulante en Buenos Aires" e "Paisaxe mariñeiro" son as escenas que en elas se representan".
O guía propúxonos un reto: facer un quebracabezas coa escena "Paisaxe mariñeira"!

Finalizamos a visita recreando a nosa propia obra de arte a partir dun cadro de Luis Caruncho Amat titulado "Azul sobre azul nº27". 
Sen dúbida foi unha visita emocionante! Seguiremos traballando na aula con algúns dos cadros vistos durante a mesma!
No caso do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria a actividade a realizar foi unha visita dinamizada "O retrato no século XIX ". A través deste xénero pictórico, en contínua revisión da arte, e coa axuda dun caderno didáctico, descubrimos...Que é un retrato? Quen os encargaba? Por que? Quen os facía? Como?...



A continuación deixámosvos a experiencia contada polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria:

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA ,  UNHA VIAXE POLO RETRATO DO 
SÉCULO XIX
O xoves, 13 de setembro, o alumnado de 3º e 4º visitamos o VI Edificio do Museo de Pontevedra, alí  aprendemos moitas cousas sobre os retratos e os autorretratos e a súa diferenza.

Explicáronnos que os cadros sempre teñen unha cartela ao lado onde pon  a información importante: nome do pintor, datas do seu nacemento e a súa morte, nome da pintura,  ano no que se pintou, o soporte e  a técnica.


Tamén nos explicaron que podemos saber os sentimentos que nos quere expresar o autor a través da mirada, e que os retratos  valen máis cando aparecen  as orellas,  as mans ou se son de corpo enteiro.  Algúns cadros séguennos coa mirada, é coma se fora algún truco de maxia.
Ao final o guía explicounos que Concepción Arenal foi a primeira feminista universitaria e que, para ir á Universidade, tiña que vestirse coma un home.
Aquí vos contamos algunhas das impresións que nos levamos desta visita tan interesante:
Sara: a min gustoume o retrato de Mª Carmen Cimadevila del Río. Ía vestida cun vestido largo dunha cor celeste tirando para verde. Pintouse nun lenzo con óleo, o seu autor é Mariano Tito Vázquez.
Noa: gustoume porque me recordaba a min de pequena.
Mauro e Iago: o  que máis nos gustou foi un do pintor Benigno López Sanmartín. É un retrato de D. José Riestra. A técnica que usou foi óleo sobre lenzo e foi pintado no ano 1899. Gustounos porque tiña pinta de ser un home importante.

Mariño e Mateo:  o noso cadro preferido chámase Retrato de Cabaleiro, é de 1893 e gustounos porque era moi realista, tanto que superaba ás fotos da época.
Para ver a nose reportaxe fotográfica pinchade aquí
                                   
O alumnado de 1º e 2º non quixeron perder a oportundiade de visitar tamén o noso museo; a actividade seleccionada foi  “Que é un Museo?".
O martes 18 de decembro descubriron o que é un museo dunha forma sinxela e atractiva: os seus traballadores, un lugar onde se conserva, se expón, se investiga...
Durante o percorrido que fixeron polo museo,  viron distintas coleccións: tesouro de Caldas de Reis, Sepulcro de Suero, mobles antigos, paisaxes, miniaturas, escultura Lázaro, retrato nena con xoguetes e louza de Sargadelos.
Se queredes ver outras fotografías deste día pinchade aquí. 
Non podía faltar o alumnado de 5º e 6º de primaria, que elixiu a proposta didáctica “Seguindo as pegadas”.
Como complemento aos contidos das diferentes materias impartidas no centro, así como de vehículo para o desenvolvemento da sensibilidade, do goce estético e da adquisición de valores culturais e sociais,  o alumnado  acudiu ao Museo de Pontevedra para realizar a seguinte visita dinamizada, chamada  “Seguindo as pegadas”. 

O alumnado percorreu o Museo cunha ficha que lles permitiu coñecer, a partir dos restos arqueolóxicos, algúns dos aspectos máis relevantes do noso pasado, tales como: ferramentas líticas máis antigas de Galicia, petróglifos, importantes pezas de ourivería ou obxectos de uso doméstico ou monumentos epigráficos romanos.

Ningún comentario: