Pinchando aquí podedes visualizar todas as fotografías. |
venres, 15 de febreiro de 2019
ENCONTRO CON BEGOÑA VILA
O luns 11 de
febreiro o alumnado de 3º e 6º de Educación Primaria participou nun encontro con Begoña Vila, co obxectivo de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Begoña Vila, é unha
enxeñeira astrofísica que traballa na NASA, e é a encargada de controlar o
telescopio espacial James Webb, o sucesor do "Hubble" que será enviado ao
espacio no vindeiro 2019.
A comunicación con Begoña
Vila foi por videoconferencia dende Washington, nunha pantalla no Salón de actos do Pazo da Cultura.
Entre outras cousas, fíxolles reflexionar, a través dunha gráfica, sobre a realidade dos
traballos que desempeñan as mulleres (baixo porcentaxe de altos cargos).
Explicoulles a súa labor como enxeñeira nun centro de voo espacial, e
do telescopio James Webb no que está a traballar.
Finalizaron este
encontro cunha rolda de preguntas que o alumnado tiña preparadas.
O alumnado foi resolvendo moitas das dúbidas e curiosidades da man de Begoña. Sen lugar a dúbidas, unha experiencia gratificante para todos e cada un deles!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
genial
Publicar un comentario