Para ver todas as fotografías, facede click aquí. |
venres, 8 de marzo de 2019
DESPEDIMOS CON TRISTEZA AO RAVACHOL.
Este ano, o Ravachol quixo festexar no noso centro o Entroido Peregrino 2019.
Como xa sabedes, este Ravachol é resultado dun obradoiro feito o día do entroido, e o pasado xoves 7, despedímolo entre bágoas!
Foi para nós unha honra e un orgullo telo no San Martiño. Ravachol peregrino, quixo facer o Camiño de Santiago connosco e desfrutar cantando e bailando cos nenos e nenas desde centro.
Pero a desgraza quixo unha vez máis levarnos a Ravachol…Nestes días de frío e choiva, de tanto corretear e bailar polas rúas, mollou as plumas, colleuno o frío e a súa delicada saúde non puido resistir!!
Rematou o entroido! Rematou a vida do noso papagaio peregrino!
A profe María bendeciu ao noso querido Ravachol e despedímolo ata o ano que vén.
Estas son as palabras que lle dedicamos entre todos:
Ravachol…
Para que sempre veñas a pasalo ben a San Martiño de Salcedo!
Todos: Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para que non te esquezas de que deixas aquí unha chea de amigos e amigas!
Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para que os cocidos e as filloas non che falten da barriga!
Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para que o ano que vén, bailes e cantes tamén!
Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario